Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO APROBOU NUN PLENO EXTRAORDINARIO O POS+ 2018 DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
O importe do citado plan provincial ascende a 1,8 millóns de euros, dos que un millón se destinará a obras de saneamento e mellora da eficiencia enerxética
Narón, 15 de decembro de 2017. A corporación local aprobou esta mañá nun pleno extraordinario, iniciado ás 11.00 horas, a participación do Concello no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de competencia municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2018 da Deputación da Coruña. A achega que corresponde á cidade é de 1.849.188 euros. De esta cantidade, 644.782 euros destinaranse ao financiamento de gastos correntes, se ben ao financiamento de investimentos se destinarán 1.044.354 euros e á redución de débeda con entidades financieiras os 160.050 euros restantes. No que respecta aos investimentos, acometeranse con cargo á achega provincial de 2017, que ascende a 632.617 euros, e a unha aportación de 77.586 euros das arcas municipais, a ampliación da rede de saneamento na parroquia do Val-Cornide (192.062 euros); e na parroquia de Castro, en Mata (355.181 euros) e tamén se subministrarán e colocarán pavimentos de seguridade en parques infantís da Praza de Galicia, Virxe do Mar, Paseo de Freixeiro, Finca Permuy e outros (162.959 euros). Con cargo ao Préstamo Provincial de 2018, que ascende a 411.737 euros e á aportación de 63.407 do Concello acometeranse melloras de eficiencia enerxética no alumeado do Alto do Castiñeiro (138.849 euros) e en Freixeiro (179.012 euros) e levarase a cabo a reposición de pluviais e pavimentos nas rúas San Xurxo, Segura Torrella e Cerrallón (157.283 euros). O concelleiro de Xestión Orzamentaria, Pablo Villamar, asegurou que o Concello “cumpre estritamente as bases deste plan provincial, con cargo ao que se acometerán importantes intervencións en materia de saneamento e eficiencia enerxética”. Pola súa banda, a alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, incidiu con respecto ás obras que “desde o goberno local solicitamos todos os anos ás asociacións veciñais unha relación coas actuacións que consideran prioritarias para os seus barrios e parroquias e en base a esa relación, na medida da viabilidade da execución das mesmas, vanse licitando”. A rexedora local subliñou que deste xeito dase tamén cumprimento ao Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Narón, sobre o que lamentou que “a pesares das súas críticas o PP non plantexase ningunha suxerencia nin mellora durante anos nas pertinentes comisións”. Así mesmo, aprobouse o Plan Complementario de 2018, que ascende a 449.599 euros e cos que se levarán a cabo obras de ampliación da rede de saneamento en Pedroso e Outeiro. Estes investimentos propostos desde o goberno local realizaranse con cargo a posibles baixas ou novos ingresos da administración provincial. Na sesión plenaria aprobouse tamén a Conta Xeral correspondente ao exercicio de 2016 do Concello, o Padroado da Cultura e as contas anuais da empresa mixta Cosma.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal