Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ASOCIACIÓN DE MINUSVÁLIDOS E CAJA MADRID FIRMAN NO CONCELLO UN CONVENIO PARA A CESIÓN DUN VEHÍCULO ADAPTADO
O Alcalde, Xoán Gato, actuou como testigo do acordo.
Narón, 17 de Xullo de 2008.- O Concello de Narón foi o escenario elexido hoxe para a firma dun convenio entre a Obra Social de Caja Madrid e a Asociación Sociocultural de Minusválidos (ASCM) de Ferrolterra, gracias ó cal este colectivo recibirá unha nova furgoneta de transporte adaptado valorada en 40.000 euros. Representantes das dúas entidades firmaron hoxe o acordo, ante o Alcalde de Narón, Xoán Gato, quen actuou de testigo do acto. O rexedor municipal deu lectura ó texto do convenio, e lembrou que o Concello de Narón mantén unha colaboración coa ASCM a través do proxecto ANTA, algo que tamén destacou o presidente desa entidade, Angel Gárate. “Quero dar as gracias ó Alcalde e ó Concello, porque non queríamos firmar este acordo a espaldas da sociedade. Precisamente o convenio de maior importe que temos na actualidade é coa administración local de Narón, que é un grande apoio para nos”, engadiu o presidente da ASCM. Gárate falou tamén das dificultades que ten este colectivo social, integrado por máis de 1.500 socios na comarca de Ferrolterra e que xa dispón de 15 traballadores contratados pola propia asociación. “As cuotas dos socios chegan escasamente ós 10.000 euros anuais e por eso é moi importante a axuda das entidades como Caja Madrid”, dixo. O Alcalde de Narón tamén comentou que as administracións provincial, autonómica e central deberían facer un maior esforzo por “axudar a estas asociacións, en lugar de poner trabas á hora de crear servizos para persoas dependentes”, dixo. En representación da Obra Social de Caja Madrid, acudíu o director da oficina de Xuvia, José Porca Rodríguez. Esta entidade repartíu ó longo do ano 2007 un total de 226,2 millones de euros en 929 proxectos sociais, que deron servicio a 960.000 persoas. O de hoxe é o sexto convenio que firma a Obra Social de Caja Madrid na comarca de Ferrolterra durante este ano 2008, alcanzando unha subvención de 500.000 euros en axudas para proxectos da comarca neste ano. Ademáis, en 2007 subvencionou con 150.000 euros á empresa Artes Gráficas Narón, para a compra de maquinaria especial.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal