Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
INAUGURADA NA BIBLIOTECA MUNICIPAL UNHA EXPOSICIÓN DA ASOCIACIÓN ARTÍSTICO-CULTURAL MESTURAS
A mostra, formada por un total de trinta e dúas obras pictóricas, poderá verse ata o vindeiro 30 de decembro na Biclioteca
Narón, 16 de decembro de 2017. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a edil de Cultura, María del Carmen Espada, acudiron hoxe á inauguración dunha exposición da Asociación Artístico-Cultural Mesturas, xunto coa presidenta da entidade, María del Carmen Sendón, a secretaria, Amelia de Querol, e varios socios. Ata o vindeiro 30 de decembro permanecerán expostas na Biblioteca municipal un total de trinta e dúas obras pictóricas realizadas por socios e amigos de Mesturas. A maior parte dos cadros están realizados ao óleo, aínda que nalgún tamén se empregaron outras técnicas, como o pastel. A alcaldesa destacou o traballo realizado pola Asociación Mesturas en Narón e recordou que se trata dunha entidade constituída no ano 2012 e á que este mesmo verán se lle cedeu un local municipal na Faísca. Ferreiro valorou a ampla oferta de actividades artísticas e de lecer que organiza o colectivo ao longo do ano e recordou que a entidade colaborou en varias ocasións co Concello en eventos como “Arte na Rúa”, un encontro artístico celebrado no ano 2012 na Praza da Gándara, e en iniciativas relacionadas coa Educación Viaria. A presidenta de Mesturas agradeceu a colaboración prestada polo Concello de Narón á asociación e recordou parte do labor e dos obxectivos da mesma, entre os que están incentivar a creatividade e promover a cultura, así como apostar pola formación artística nas súas diferentes manifestacións. Pola súa banda, a concelleira de Cultura de Narón asegurou que Mesturas “nace grazas á colaboración de persoas que fixeron da expresión artística o seu horizonte, co propósito de achegar a cultura á xente” e destacou a calidade artística dos traballos que compoñen esta mostra. A exposición poderá verse na sala de exposicións da planta sótano da Biblioteca municipal ata o 23 de decembro de luns a venres en horario de 17.00 a 20.00 e os sábados de 10.00 a 13.00 e do 26 ao 30 de decembro de luns a venres de 10.00 a 13.00 e de 17.00 a 20.00 e os sábados de 10.00 a 13.00 horas. Tanto a alcaldesa da cidade como a edil de Cultura animaron ás veciñas e veciños de Narón e comarca a desprazarse ata a Biblioteca municipal para ver os traballos realizados por un grupo de persoas vencelladas á Asociación Artístico-Cultural Mesturas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal