Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A ALCALDESA RECIBIU NO SEU DESPACHO AO CÓNSUL XERAL DE VENEZUELA EN GALICIA E ASTURIAS
A ALCALDESA RECIBIU NO SEU DESPACHO AO CÓNSUL XERAL DE VENEZUELA EN GALICIA E ASTURIAS
A rexedora local, Marián Ferreiro, estivo acompañada por portavoces dos grupos municipais e polo Cónsul Primeiro de Venezuela en Galicia e Asturias, Ernesto Guerra
Narón, 18 de decembro de 2017. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, recibiu esta mañá no seu despacho ao Cónsul Xeral de Venezuela en Galicia e Asturias, Martín Pacheco, que acudiu acompañado polo Cónsul Primeiro de Venezuela en Galicia e Asturias, Ernesto Guerra, no marco dunha visita institucional. Ao acto, celebrado a partir das 12.00 horas no Concello, acudiron tamén os portavoces de TEGA, Guillermo Sánchez Fojo; PSOE, Catalina García; BNG, Pablo Villamar; PP, Marcos López e EU, André Abeledo.
A rexedora local agradeceu a visita de Pacheco á cidade e informou ao Cónsul Xeral sobre aspectos relacionados coa industria, cultura e outras áreas municipais. Pola súa banda, Pacheco, avogado e xornalista, tamén informou aos representantes da corporación local da actual situación de Venezuela, comprometéndose ante Ferreiro a realizar as xestións oportunas para poder realizar un irmanamento entre os concellos de Caracas e Narón.
A alcaldesa da cidade entregoulle a Pacheco uns agasallos institucionais e convidouno a asinar no Libro de Ouro da Cidade, ao que o Cónsul Xeral de Venezuela en Galicia e Asturias accedeu con agrado. “Un verdadero honor para mí compartir y ser recibido por tan ilustres legisladores de Narón. Desde las tierras de Bolívar, Chávez y Maduro queremos profundizar estas relaciones para lograr el entendimiento, la paz y la justicia social que anhela vuestro pueblo”, escribiu Pacheco.
Ao termo da reunión, Pacheco e Guerra visitaron acompañados polos portavoces de TEGA, Guillermo Sánchez Fojo, e EU, André Abeledo, o polígono industrial de Río do Pozo.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal