Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNS SEISCENTOS MENORES DE EDUCACIÓN INFANTIL ASISTIRON NOS COLEXIOS A UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS PROTAGONIZADA POR RAQUEL QUEIZÁS
A Concellería de Ensino, dirixida pola edil Mercedes Taibo, convocou este programa, que se impartiu en once centros educativos da localidade
Narón, 19 de decembro de 2017. Uns seiscentos escolares de segundo ciclo de educación Infantil asistiron nos últimos días a unha sesión de contacontos organizada pola Concellería de Ensino, que preside a edil Mercedes Taibo, e que se desenvolveu nos propios centros. Raquel Queizás foi a encargada de animar aos menores co espectáculo Cocorocó, que hoxe se puido ver nas instalacións do CPR Jorge Juan, a partir das 10.00 e do CPI do Feal, a partir das 12.15 horas. A edil naronesa visitou ás nenas e nenos do colexio do Feal que asistiron á convocatoria, na que se implicaron activamente interactuando con Raquel Queizás durante todo o espectáculo. “É precisamente a interacción dos menores o que queremos potenciar con este tipo de actividades, lúdicas pero ao mesmo tempo cun importante compoñente didáctico en canto que tamén espertan a súa imaxinación”, explicou Taibo. As sesións de contacontos de Raquel Queizás comezaron a desenvolverse o pasado 11 de decembro nos CEIP da Gándara e Virxe do Mar e continuaron o día 12 no CEIP Piñeiros, no CRA de Domirón e no CPR Santiago Apóstol; o 13 no CPR Ayala e no CEIP A Solaina e o 18 nos CRA de Pedroso e o Val. Cocorocó é un espectáculo de narración oral dirixido a público infantil e familiar. Durante case unha hora o público, neste caso os escolares naroneses, tiveron a oportunidade de divertirse coas historias dunha peculiar galiña de cor azul que pon ovos de cores e que vivirá unha serie de aventuras acompañada por outros divertidos personaxes.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal