Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A ALCALDESA ASINOU CONVENIOS COS REPRESENTANTES DA AECC E A ASOCIACIÓN DE EXALCOHÓLICOS FERROLTERRA
A ALCALDESA ASINOU CONVENIOS COS REPRESENTANTES DA AECC E A ASOCIACIÓN DE EXALCOHÓLICOS FERROLTERRA
O goberno local destinará 2.000 euros a cada unha das entidades para continuar desenvolvendo programas dirixidos aos seus usuarios residentes na cidade
Narón, 22 de decembro de 2017. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, asinou esta mañá dous convenios de colaboración coa presidenta provincial da Asociación Española Contra o Cancro, María Elena Viturro, e o presidente da Asociación de Exalcohólicos Ferrolterra, Miguel Fraga. O concelleiro de Sanidade, Octavio Dopico, acudiu tamén á convocatoria, coa que se materializa unha achega económica que en total ascende a 4.000 euros.
O acordo contempla que no caso da Asociación Española Contra o Cancro a partida destinarase ao desenvolvemento de obradoiros ocupacionais, como os recollidos no Programa de Atención Integral ao Enfermo de Cancro. Entre as actividades previstas, tal e como se recordou, están obradoiros de piscina para mulleres con cancro de mama e tamén de fatiga oncolóxica para todos os afectados de cancro, para potenciar o exercicio físico durante e despois do tratamento. O Concello de Narón aportará 2.000 euros á AECC, tal e como indicou Ferreiro.
A Asociación de Exalcohólicos Ferrolterra recibirá tamén 2.000 euros das arcas municipais. Neste caso a partida destinarase a programas de Prevención de recaídas que se dirixen a usuarios residentes en Narón en tratamento ambulatorio. Así mesmo, axudarase aos pacientes a diferenciar e identificar as situacións de alto risco que poderían levalos a unha posible recaída e fomentaranse hábitos de vida saudables entre o colectivo.
A presidenta provincial da Asociación Española Contra o Cancro e o presidente da Asociación de Exalcohólicos Ferrolterra agradeceron a colaboración do Concello de Narón coas entidades. Pola súa banda, a alcaldesa da cidade, destacou a “importante labor que desenvolven estas dúas asociacións cos usuarios das mesmas, aos que debemos facilitar desde as administracións toda a axuda posible para contribuír a mellorar a súa calidade de vida”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal