Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
COLOCADA A PRIMEIRA PEDRA DO CENTRO INTEGRAL DE ATENCIÓN ÁS PERSOAS MAIORES
COLOCADA A PRIMEIRA PEDRA DO CENTRO INTEGRAL DE ATENCIÓN ÁS PERSOAS MAIORES
Estará situado en Vosa, frente ó Pazo da Cultura, e será un espazo aberto a tódalas persoas maiores de Narón.
Narón, 18 de Xullo de 2008.- O Alcalde de Narón, Xoán Gato, a primeira Tenente de Alcalde, Angeles Díaz, e o Concelleiro de Obras Públicas, Carlos Díaz Ramil, asistiron hoxe á colocación da primeira pedra do Centro Integrado de Atención ás Persoas Maiores, que se construirá nunha parcela de titularidade municipal situada na zona de Vosa –rúa Rafael Bárez-.

O rexedor foi o encargado de introducir nunha urna de metacrilato os periódicos do día de hoxe e unhas moedas de curso legal, co fin de deixar constancia física do acto. Xoán Gato agardou que as obras sigan os prazos establecidos, e que a finais de Decembro deste ano poida estar concluida toda a cimentación exterior.

O proxecto, encargado á constructora asturiana Jesús Martínez, contempla a construcción dun edificio de 2.137 m2 de superficie construída dividido en dous plantas, nunha parcela de 5.000 m2 que incluirá zonas de xardinería e lecer. A planta baixa se dividirá en distintas áreas: servicios lúdicos, hostelería e cafetería, loxística, zona terapéutica –con espazos de ioga, estimulación e rehabilitación-, e servizos culturais –con acceso a Internet, aulas de informática e obradoiros de todo tipo-. No primeiro piso se habilitará unha zona dedicada a despachos e administración, aínda que no futuro poderíanse construir aquí pisos de acollida para a terceira idade.

Xoán Gato lembrou que este servizo público, presupostado en 1.392.026 euros, estará aberto a tódalas persoas maiores de 50 anos non só de Narón senón tamén do resto da comarca. O Concello de Narón aportará 200.000 euros para financiar a obra, que conta cunha subvención dos fondos FEDER de 600.000 euros e con outra aportación da Diputación da Coruña. O goberno local pedirá unha ampliación do prazo concedido pola UE para finalizar o edificio, que expiraba o 31 de Outubro, solicitando unha prórroga de tres meses máis alomenos para ter a cimentación finalizada.

Da excelente situación desta parcela tamén falou o rexedor naronés, apuntando que frente a ela se urbanizará un espazo de 5.000 metros cadrados, con capacidade para 1.000 prazas de aparcamento.

O Concelleiro de Obras, Carlos Díaz Ramil, engadiu que a obra do Centro Integral de Atención ós Maiores contempla tamén unha inversión de 500.000 euros en equipamento do propio edificio e na urbanización da parcela, para o cal o Concello habilitará unha partida económica no menor tempo posible. “Queremos que esto se poña en funcionamento canto antes e nas mellores condiciones posibles para os usuarios”, engadíu.

Por último, a primeira Tenente de Alcalde, Angeles Díaz, concluíu sinalando que este centro estará aberto a tódalas persoas que alcanzaron unha certa idade, e que non necesariamente estén xubiladas. “Trataremos de que sexa un centro que abarque as necesidades de tódalas persoas que vaian a utilizala, que a obra se realice no menor tempo posible e que o centro sexa o máis cómodo posible”, dixo.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal