Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MARGARITA SOTO MARTÍNEZ E MARCOS GONZÁLEZ BAHAMONDE, GAÑADORES DE DÚAS CESTAS DA CAMPAÑA "COMERCIO DE NARÓN, EN NADAL E SEMPRE"
A alcaldesa, Marián Ferreiro; o edil de Promoción Económica, Pablo Villamar, e Rocío Rodríguez, da Asociación de Comerciantes de Narón, entregaron hoxe os agasallos no Concello
Narón, 29 de decembro de 2017. O Concello de Narón acolleu esta mañá, ás 12.30 horas, o acto de entrega de dúas cestas con produtos navideños sorteadas no marco da campaña “Comercio de Narón, en Nadal e sempre”. Nesta ocasión os agasallos foron para Margarita Soto Martínez, veciña de Narón, e Marcos González Bahamonde, de Valdoviño, que realizaron as súas compras nos establecementos Xoguetería Galicia e Bioreona, respectivamente. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e o edil de Promoción Económica, Pablo Villamar entregaron os premios xunto con Rocío Rodríguez, da Asociación de Comerciantes de Narón. Ferreiro e Villamar felicitaron aos gañadores das cestas sorteadas e recordaron que a maiores das catro xa entregadas a través desta campaña –as dúas de hoxe e outras dúas o pasado día 20- agora a clientela dos comercios adheridos á campaña opta a catro premios en metálico. O día 12 de xaneiro está previsto celebrar no Concello o acto de entrega de catro vales, por un importe de 500 euros dous deles e outros dous de 300 para gastar como mínimo en tres establecementos que participan na iniciativa “Comercio de Narón, en Nadal e sempre”. Entre os días 8 e 9 de xaneiro a organización encargarase de recoller as urnas nos establecementos participantes nesta campaña, para posteriormente proceder ao sorteo dos vales. O pasado día 15 de decembro iniciábase esta campaña, que permanecerá activa ata o 8 de xaneiro e na que participan máis dun centenar de establecementos comerciais da cidade. Os propietarios de comercios que aínda non se adheriran están a tempo de facelo a través da páxina web da Asociación de Comerciantes de Narón –www.comerciodenaron.es-, que organiza un ano máis co Concello esta campaña. Os clientes que realicen compras nos comercios implicados nesta proposta recibirán uns tíckets -nos que deberán cubrir os seus datos persoais- que terán que depositar nas urnas localizadas nos establecementos para poder participar así nos sorteos.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal