Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO OFRECE UNHA RECEPCIÓN ÓS 16 NENOS SAHARAUIS QUE PASAN O VERÁN NESTE MUNICIPIO
Tamén asistiron outros 5 nenos sarahauis acollidos por familias de Valdoviño.
Narón, 18 de Xullo de 2008.- Representantes de tódolos grupos políticos do Concello de Narón (TEGA, PP, PSOE e BNG) ofreceron hoxe unha recepción oficial ós 16 nenos (10 nenos e 6 nenas) saharauis que pasarán este verán en Narón, no marco do programa ‘Vacacións en paz’, promovido pola ONG “Solidariedade Galega co Pobo Saharaui”. Nesta nova edición, o concello de Narón acolle a dous nenos máis que no 2007, e ademáis por primeira vez uníronse ó acto outros cinco pequenos do Sáhara que residen este verán con familias de acollida de Valdoviño. Os nenos desprazáronse ata Narón acompañados tamén da alcaldesa do municipio veciño, Isabel Alvarez. En nome do Concello de Narón, o Alcalde, Xoán Gato, dirixíuse ós nenos e ás súas familias de acollida explicando que este municipio destina dende fai anos o 0,7% do seu orzamento a proxectos de solidariedade co Tercer Mundo e con países en dificultade, coma o Sáhara. Os representantes na comarca da ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, Maite García e Tomás Porto, leron un manifestó no que se alerta das dificultades que veñen padecendo os refuxiados do Sáhara dende fai anos e na importancia de axudar a este colectivo. Logo dos discursos, os pequenos foron agasallados con varios obxectos, coma mochilas, cheques para canxear por material escolar e deportivo, e chucherías. Finalizada a recepción, os protagonistas disfrutaron dun aperitivo na cafetería do Concello.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal