Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ENTREGADOS OS VALES DE COMPRA AOS AGRACIADOS NA CAMPAÑA "COMERCIO DE NARÓN, EN NADAL E SEMPRE"
ENTREGADOS OS VALES DE COMPRA AOS AGRACIADOS NA CAMPAÑA
A alcaldesa, Marián Ferreiro; o edil de Promoción Económica, Pablo Villamar, e a presidenta da Asociación de Comerciantes de Narón, Olga Ameneiro, entregaron os premios a Óscar Romero e Yolanda Díaz, que recibiron un vale de 500 euros cada un, e Purificación Pita e Isabel Valencia, gañadoras cada unha dun vale por importe de 300 euros
Narón, 12 de xaneiro de 2018. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar, entregaron esta mañá os vales de compra ás catro persoas que resultaron agraciadas no sorteo da campaña de Nadal que se desenvolveu, en colaboración coa Asociación de Comerciantes de Narón, entre o 14 de decembro e o 5 de xaneiro. Os afortunados –Óscar Romero e Yolanda Díaz, con 500 euros cada un; e Purificación Pita e Isabel Valencia, con 300- saíron dun sorteo celebrado o pasado mércores no Concello entre os centos de papeletas que as persoas participantes cubriron nos establecementos comerciais de Narón adheridos á campaña -140 en total- nos que realizaron as súas compras durante o tempo que durou a iniciativa. Os cartos deberán ser empregados en mercar nos comercios participantes.
Tanto a alcaldesa como o edil de Promoción Económica quixeron resaltar a importancia que ten para o Concello o tecido comercial de Narón non só en canto á creación de emprego e xeración de riqueza, senón tamén como elemento vertebrador do municipio e pola calidade e proximidade na atención á clientela. Nesa liña, manifestaron que é política do goberno local apoiar a actividade comercial a través da colaboración coa entidade que preside Olga Ameneiro en diferentes iniciativas, como a que vén de rematar baixo o título de “Comercio de Narón, en Nadal e sempre”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal