Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN DE COMPARSAS NO FESTIVAL DE ENTROIDO DE 2017
O Padroado da Cultura de Narón manterá aberto o prazo ata o día 31 deste mes, tal e como avanzou a presidenta do organismo, Marián Ferreiro
Narón, 15 de xaneiro de 2018. O Padroado da Cultura de Narón abriu hoxe o prazo de inscrición de comparsas no Festival de Entroido organizado polo Concello. As agrupacións disponen ata o día 31 deste mes para anotarse nesta convocatoria, que se celebrará o 10 de febreiro –a partir das 17.00 horas- e consistirá nun desfile dende o pavillón da Mocidade, na Gándara, ata a pista polideportiva da Solaina, donde se celebrará o festival, tal e como apuntou a presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro. A convocatoria está limitada á participación dun máximo de sete comparsas de Narón e tres doutros concellos, que se seleccionarán por estrita orden de inscrición, e o Padroado asignará unhas axudas económicas a todas as formacións participantes, tal e como se estipula nas bases. Para poder participar no festival, as comparsas deben cumprir unha serie de requisitos, entre os que están o feito de que cada comparsa debe falar de temas locais de Narón e empregando sempre o galego nas súas letras e tamén estar formada por un mínimo de quince persoas, a maior parte con máis de 14 anos. Cada agrupación disporá dun tempo máximo de dez minutos para actuar, facendo uso do bo humor para amosar a súa visión crítica do pasado ano. Para inscribirse é preciso facelo nas oficinas do Pazo da Cultura, de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 e entregar seis copias das letras a interpretar e os datos persoais do representante da comparsa. O Padroado da Cultura entregará a cada comparsa participante de Narón 700 euros –as que como mínimo o 75% dos compoñentes residan na cidade-; ás de fóra de Narón 350 euros e ás convidadas tamén 350 euros. Nos requisitos da convocatoria figura ademais o feito de que as comparsas de Narón estarán obrigadas a facer unha actuación na súa parroquia ou noutra da localidade e se é posible, realizando un percorrido pola mesma. O Padroado poderá convidar a maiores a outra comparsa de Narón ou de fóra para actuar o Día do Entroido na cidade. As tres mellores comparsas optarán a tres premios, que consistirán nunha figura en recordo do Día do Entroido e que concederá un xurado que valorará a orixinalidade dos disfraces, o enxeño na crítica das actuacións, a calidade musical e tamén todo aquilo que relacione á actuación coa recuperación do Entroido en Galicia. A maiores dos premios estipulados para as comparsas, haberá tamén un concurso de disfraces, nas categorías de adulto e infantil, nas que será novamente un xurado o que determine os premiados. No caso dos adultos recibirán unha cesta con produtos do Entroido e os menores un lote de libros e entradas para un espectáculo do Pazo da Cultura.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal