Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A COMPAÑÍA SARABELA TEATRO REPRESENTARÁ ESTE SÁBADO NO PAZO A OBRA "O REI MORRE"
A cita será a partir das 20.00 horas e as entradas están xa á venda na billeteira do Pazo e na web do Padroado da Cultura
Narón, 15 de xaneiro de 2018. O Pazo da Cultura acollerá o vindeiro sábado, día 20, a representación da obra O Rei morre, da compañía ourensá Sarabela Teatro. Esta nova cita cultural, neste caso co teatro contemporáneo, será a partir das 20.00 horas no Pazo da Cultura, podendo adquirir as entradas na propia billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es-. O prezo é de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante. O rei Berenguer I é o protagonista desta peza, centrada nunha dramática información que non é outra que a proximidade da súa morte. O rei pon en dúbida esa posibilidade e intenta crer que se trata dun pesadelo, adoitando unha actitude soberbia con aquelas persoas que o rodean. O dilema darase na visión que desa posibilidade teñen a súa exmuller e a actual muller, ao pensar a primeira que debe aceptar que o final da súa vida está cerca mentres que a segunda trata de ocultarlle a realidade e suavizar así a súa agonía. A ferrolá Ana Vallés dirixe esta obra teatral, que parte dun texto orixinal do dramaturgo rumano Eugène Ionesco.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal