Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O TRAMO DA ESTRADA DA GÁNDARA CORTADO AO TRÁFICO O PASADO 15 DE XANEIRO REABRIRASE O VINDEIRO XOVES
Os traballos necesarios para subsanar problemas detectados na rede de sumidoiros nesa zona obrigaron a actuar nunha superficie maior da prevista inicialmente, polo que foi preciso retrasar a reapertura do tramo para ofrecer as máximas garantías
Narón, 16 de xaneiro de 2018. O tramo da estrada da Gándara comprendido entre as rúas Lleida e Concepción Arenal que permanece cortado ao tráfico rodado desde o pasado luns, día 15, reabrirase finalmente o xoves día 18. Así o anunciou o concelleiro de Seguridade Cidadá e Transporte Público, Guillermo Sánchez Fojo, que recordou que aínda que a previsión inicial apuntaba a mañá como data de reapertura dese tramo de vial, non será ata o vindeiro xoves cando se reanude a circulación de vehículos pola zona. Sánchez Fojo explicou que o retraso na reapertura responde a que os traballos a executar nesa zona da estrada da Gándara, que respondían a problemas na rede de sumidoiros, obrigaron a actuar en todo o cruce, nunha superficie maior da prevista inicialmente. Ao longo da xornada de mañá procederase a formigonar o tramo afectado polas obras, se ben para reabrilo coas máximas garantías está previsto facelo a partir das 9.30 horas do vindeiro xoves, tal e como apuntou o edil. Mentres tanto, permanecerán operativos os desvíos establecidos para a circulación rodada pola zona, indicou o concelleiro naronés, que solicitou á veciñanza desculpas polas posibles molestias ocasionadas debido á necesaria execución destes traballos.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal