Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A ALCALDESA E A EDIL DE ENSINO ENTREGARON DIPLOMAS AO ALUMNADO DO CURSO SOBRE TITORIZACIÓN ENTRE IGUAIS NO CEIP VIRXE DO MAR
A ALCALDESA E A EDIL DE ENSINO ENTREGARON DIPLOMAS AO ALUMNADO DO CURSO SOBRE TITORIZACIÓN ENTRE IGUAIS NO CEIP VIRXE DO MAR
Marián Ferreiro e Mercedes Taibo foron as encargadas de dar a vinte e seis nenas e nenos do centro un carné e un diploma do programa, así como a licencia TEI á directora do CEIP, María del Carmen Loureiro
Narón, 17 de xaneiro de 2018. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, participaron esta mañá xunto coa directora do colexio Vixe do Mar, María del Carmen Loureiro, no acto de entrega de diplomas e carnés a un total de vinte e seis nenas e nenos de quinto curso de Primaria que participan no proxecto Titorización Entre Iguais (TEI). Algúns dos pais e nais dos menores asistiron tamén a este evento, celebrado no salón de actos do centro e que comezou ás 11.00 horas.
A de hoxe é a primeira promoción deste colexio en recibir o carné oficial deste programa, co que aprenden a titorizar a alumnado de terceiro curso e que comezará o vindeiro luns, dándose a coñecer os titores e os titorizados. Os menores serán “protagonistas de todo o colexio en prevención escolar, os titores emocionais e os referentes dos alumnos e alumnas de terceiro e terán que ensinar valores, normas de convivencia, e en definitiva, acadar a tolerancia cero á violencia”, explicou a directora do centro. Hai unhas semanas as nenas e nenos comezaron a formarse nunha técnica innovadora contra a violencia escolar, co obxectivo de axudar cando hai problemas de convivencia e previr o acoso ou bullyng, recordou Loureiro.
A alcaldesa e a edil de Ensino entregaron aos menores o carné de TEI e un diploma que recoñece o nomeamento dos titores, e ao colexio, neste caso á súa directora, a licencia TEI, que permite o uso e adaptación dos materiais á metodoloxía do programa, tal e como se explicou no acto.
Marián Ferreiro agradeceu á dirección do colexio Virxe do Mar a invitación para poder asistir ao acto celebrado esta mañá e destacou o labor da comunidade educativa e, en xeral, das nenas e nenos que participan nesta primeira convocatoria do programa de Titorización Entre Iguais. A alcaldesa animou aos menores a implicarse activamente a través desta proposta na loita contra o acoso escolar e apelou á necesaria colaboración dos docentes e dos pais e nais, así como da sociedade en xeral, para erradicar esta lacra. “Tanto nas aulas como fóra delas debemos ter moi presente todas e todos que ante calquera manifestación de violencia, física ou verbal, a tolerancia ten que ser cero”, subliñou a alcaldesa.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Agosto 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal