Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLEIRO DE SERVIZOS VALORA OS RESULTADOS POSITIVOS DAS CAMPAÑAS DE RECICLAXE DE RESIDUOS PROMOVIDAS POLO CONCELLO NO ÚLTIMO ANO
O CONCELLEIRO DE SERVIZOS VALORA OS RESULTADOS POSITIVOS DAS CAMPAÑAS DE RECICLAXE DE RESIDUOS PROMOVIDAS POLO CONCELLO NO ÚLTIMO ANO
O incremento da cantidade de residuos depositados nos contenedores de vidro, envases e papel fixo que se reducise a rexistrada nos colectores da orgánica, tal e como apuntou o edil de Servizos, Ibán Santalla
Narón, 17 de xaneiro de 2018. O concelleiro de Servizos de Narón, Ibán Santalla, valorou os resultados das diferentes campañas de reciclaxe de residuos que, desde o Concello se impulsaron durante o 2017, a última o pasado mes de decembro. As cifras de recollida de envases, papel e vidro reflicten que “cada ano son máis as veciñas e veciños que depositan nos contenedores axeitados os distintos residuos, o que reduce considerablemente a cantidade que vai a parar aos orgánicos e permite así colaborar no respecto e coidado ao medio ambiente, finalidades estas das campañas promovidas desde o goberno local”, tal e como recalcou Ibán Santalla.
Entre os meses de xaneiro e decembro de 2017 contabilizáronse un total de 13.629.300 quilos de residuos orgánicos nos colectores instalados nas zonas urbanas e rural do municipio. Esa cifra supón unha considerable reducción con respecto ao ano anterior, cando se recolleron 57.200 quilos máis de orgánicos, e responde, en parte, ao incremento da recollida de vidro -497.280 quilos-; plásticos e envases para o contenedor amarelo -518.880 quilos- e papel -670.040 quilos- que foron depositados nos colectores axeitados, cun incremento do 1,9%; 4,31% e 5,52%, respectivamente, con respecto ao ano 2016.
O edil de Servizos destacou a importancia de continuar avanzando conxuntamente “para tratar de reciclar a totalidade dos residuos que se xeneran día a día e manter nas mellores condicións posibles de limpeza a nosa cidade”. Santalla agradeceu a colaboración prestada en todo momento polos establecementos hostaleiros e comerciais da cidade e tamén da veciñanza “que coa súa actitude responsable fan posible que desde o Concello se poidan reciclar cada ano máis cantidade de residuos” e pediu á cidadanía que continúe colaborando nesta mesma liña.
Unha das últimas propostas do Consistorio en materia de reciclaxe chegará nos vindeiros días da man da Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama) e Ecocelta, que repartirán entre os residentes da zona rural un total de 50 contenedores para compost doméstico e vermicompostaxe -25 para cada unha destas modalidades-. Esta proposta permitirá, no primeiro dos casos, a reciclaxe da materia orgánica en orixe e o seu aproveitamento, se ben a segunda opción consiste nun proceso de descomposición de materia orgánica a través de miñocas de terra. Para ofrecer as oportunas explicacións sobre o funcionamento destes dous sistemas, celebraranse no concello os días 25 de xaneiro (vermicomposteiros) e 1 de febreiro (compost doméstico) no Café Teatro do Pazo da Cultura unhas charlas informativas. As persoas que desexen participar nesta campaña e recibir algún dos contenedores dispoñibles deben comunicalo nas entidades veciñais da zona rural, tal e como recordou o concelleiro de Servizos.
“Toda colaboración será benvida e repercutirá directamente no beneficio das veciñas e veciños de Narón, dado que ao reciclar redúcese considerablemente o importe da factura que o Concello ten que abonar a Sogama polo tratamento dos residuos orgánicos e, ao tempo, increméntase o importe da contía que recibe o Concello pola recollida dos residuos que van a parar aos colectores de vidro, papel e plásticos e envases”, indicou Santalla.
O Concello dispón ademáis dun Punto Limpo, no polígono de Río do Pozo (frente a Sogama) que permanece aberto de luns a venres, en horario de 9.00 a 13.00 e de 16.00 a 19.00 e os sábados de 9.00 a 14.00 e, a maiores, dun servizo de recollida de voluminosos, de balde, que a veciñanza pode solicitar chamando ao número de teléfono 981 391 074.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Febreiro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal