Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O "VI CONCURSO DE TAPAS DE ENTROIDO" PROMOCIONARÁ A GASTRONOMÍA LOCAL EN ESTABLECEMENTOS HOSTALEIROS DA CIDADE
O
O edil de Promoción Económica, Pablo Villamar, avanzou que a iniciativa se desenvolverá do 8 ao 14 de febreiro e animou aos propietarios de locais de hostalería da cidade a anotarse nesta proposta organizada polo Concello a través do Club Narón Gastronómico
Narón, 22 de xaneiro de 2018. O concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar, presentou a sexta edición do Concurso de Tapas de Entroido que se desenvolverá na cidade entre os días 8 e 14 de febreiro. O certame convócase co fin de difundir, promover e promocionar o sector hostaleiro de Narón, amosando a súa riqueza culinaria, destacou Villamar. Esta iniciativa impulsada polo Concello a través do Club Narón Gastronómico repartirá 1.300 euros en premios en metálico e sorteará cinco ceas entre as persoas que voten as elaboracións culinarias que se presenten ao certame.
O edil naronés explicou que no concurso “poderán participar os establecementos de hostalería do ámbito municipal de Narón, adheridos ou non ao Club Narón Gastronómico”. Todos os interesados deben anotarse desde o día 23 ata o vindeiro luns 29 de xaneiro, chamando ao número de teléfono 981 337 700 (ext.1204) ou escribindo ao correo electrónico narongastronomico@naron.es. Poderase participar en dúas modalidades: a de Tapa Creativa, utilizando produtos, técnicas de elaboración ou presentación innovadoras; e a de Tapa de Entroido, elaborada con produtos típicos destas datas de forma máis tradicional. Ámbalas dúas serviranse aos clientes de forma gratuíta. Os establecementos, apuntou o edil de Promoción Económica, poderán participar nas dúas modalidades -cunha tapa Creativa e outra do Entroido- ou só nunha delas, admitindo unha única proposta por cada modalidade. Todas as tapas que se presenten terán que ter un nome identificativo, e a participación no concurso suporá a aceptación das presentes bases e será necesario dispoñer de todas as licenzas oportunas.
As tapas poden ser doces ou salgadas e serviranse ao público nas datas que dure o concurso, e respectando o horario mínimo de 13.00 a 15.00 horas, aínda que os locais que o desexen poderán ofrecer a degustación durante máis tempo. Os establecementos que participen recibirán o seguinte material promocional, que deberán colocar nun lugar ben visible: folletos informativos, tarxetas para que os clientes poidan emitir o seu voto, unha urna para depositar as votacións e carteis promocionais.
Pablo Villamar insistiu en que, “se algún usuario presenta unha reclamación por escrito por non estar dispoñible a tapa nas datas e horas establecidas, o participante será descalificado e retirarase do concurso”.
En canto aos premios, o edil naronés explicou que se estableceron catro: dous de votación popular e outros dous que votará un xurado. En canto aos primeiros, indicou, decídeos o público que visite os establecementos durante as datas indicadas, puntuando do 1 ao 5 a tapa degustada e depositando o seu voto nunha urna que estará colocada no mostrador. O sistema do reconto dos votos emitidos polo público farase mediante a suma de todos os puntos obtidos polo establecemento e tapa, -admitíndose só un voto por cada tapa, é dicir, un único voto por cliente e tapa-. No caso de que o establecemento hostaleiro ofreza máis dunha tapa, poderase votar só unha vez por cada unha delas. Os dous establecementos gañadores recibirán, cada un, un premio en metálico de 250 euros e un diploma acreditativo.
No que respecta aos premios que votará o xurado, será este o encargado de degustar as tapas participantes durante as datas que dure o concurso, valorando de 1 a 5 puntos a presentación, o sabor, a elaboración e a adecuación da creación gastronómica ás festas do Entroido. Os seus membros serán designados pola organización e estará composto por un representante do Concello, un crítico gastronómico e un cociñeiro. Os premios para os dous gañadores serán, neste caso, de 400 euros para cada un e un diploma acreditativo.
O público que colabore na votación das tapas poderá tamén gañar unha das cinco ceas para dúas persoas que se sortearán no certame no caso de que participe votando as diferentes tapas. A organización porase en contacto telefónico cos premiados, cuxa identidade se dará a coñecer publicamente unha vez que se realice o sorteo, no caso de que así o autoricen os gañadores.
O nome dos establecementos premiados tamén se dará a coñecer a través da web do Concello: www.naron.es, na do Club Narón Gastronómico: http://clubnarongastronomico.naron.gal/ e das súas páxinas de Facebook: https://www.facebook.com/ConcellodeNaron/ no caso do Concello e https://www.facebook.com/NaronGastronomico/ no do Club Narón Gastronómico.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Febreiro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal