Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A COMPAÑÍA MONICREQUES DE KUKAS REPRESENTARÁ NO PAZO "O ENCORO ENMEIGADO"
A COMPAÑÍA MONICREQUES DE KUKAS REPRESENTARÁ NO PAZO
O espectáculo terá lugar o vindeiro domingo, día 28, a partir das 18.00 horas e as entradas están á venda na billeteira do Pazo e na web do Padroado da Cultura
Narón, 23 de xaneiro de 2018. A compañía teatral compostelá Os Monicreques de Kukas representará o vindeiro domingo, día 28, no Pazo da Cultura, o espectáculo O encoro enmeigado. Trátase dunha peza de monicreques dirixida a público familiar e infantil, que dará comezo ás 18.00 horas e cuxas entradas se poden adquirir na billeteira do Pazo ou na web do Padroado –www.padroadodecultura.es-. O prezo é de 9,50 euros para o público en xeral; 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e de 5,50 para os menores de 14 anos.
O espectáculo, dirixido por Isabel Rey, ambiéntase nas Fragas do Eume e ten entre os seus obxectivos fomentar entre o público o respecto e coidado ao medio ambiente e seu entorno, a fauna, os ríos e os bosques, ao tempo que recuperar personaxes míticos da cultura popular galega. Xoaniña, unha nena alegre e rebuldeira, e Marcelino, o seu avó, son os protagonistas de O encoro enmeigado. Ante unha inesperada situación que parecía querer acabar coa fraga, Xoaniña pide axuda ao seu sabio avó que reúne aos seus amigos, os seres míticos que vivían na fraga, para facer fronte conxunta a esta situación.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal