Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PADROADO DA CULTURA PECHARÁ O 31 DE XANEIRO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO FESTIVAL DE COMPARSAS
O PADROADO DA CULTURA PECHARÁ O 31 DE XANEIRO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO FESTIVAL DE COMPARSAS
Os actos do Entroido celebraranse o día 10 de febreiro na cidade, cunha concentración e un desfile de comparsas, o festival no que actuarán as agrupacións e un concurso de disfraces
Narón, 23 de xaneiro de 2018. O Padroado da Cultura de Narón mantén aberto ata o vindeiro mércores, día 31, o prazo de inscrición de comparsas no Festival organizado polo Concello con motivo do Entroido. A presidenta do Padroado, Marián Ferreiro, recordou que a cita terá lugar o 10 de febreiro e comezará ás 17.00 horas cunha concentración das comparsas participantes no Pavillón da Mocidade, na Gándara, e culminará co Festival de Comparsas proxectado na pista polideportiva da Solaina a partir das 18.00 horas. As agrupacións que desexen participar na convocatoria deste ano poden facelo nas oficinas do Pazo, anotándose de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 e entregando seis copias das letras a interpretar e os datos persoais do representante da comparsa.
En total poderán participar sete agrupacións de Narón e tres doutros concellos, podendo o Padroado da Cultura convidar a unha comparsa de fóra da cidade, tal e como se estipula nas bases. Trala concentración das formacións participantes no pavillón da Mocidade, todas elas realizarán un percorrido ata a pista polideportiva da Solaina. A saída será do pavillón da Mocidade, na Gándara, sobre as 17.15 e discurrirá polas rúas Bispo Argaya, Vilalba, Vigo, Wenceslao Fernández Flórez, estradas da Trincheira e de Castela e avenida de Santa Icía para rematar pola avenida da Solaina. O acto programado na pista polideportiva presentaráo Teatro Ghazafelhos e como convidado especial participará nesta cita o músico e actor Paco Nogueiras.
No Festival de Comparsas as actuacións serán como máximo de dez minutos, debendo estar as letras en galego e abordar temas locais da cidade. O Padroado repartirá premios ás tres mellores agrupacións, que levarán como recordo unha figura do Día do Entroido e, a maiores, concederanse os dun concurso de disfraces que terá lugar nesa mesma xornada do 10 de febreiro, nas categorías de Adultos e Infantil, donde un xurado agasallará aos mellor disfrazados con cestas con produtos típicos do Entroido, no primeiro caso, e libros e entradas para un espectáculo no Pazo na modalidade Infantil.
As comparsas recibirán unha axuda económica por parte do Padroado que no caso das de Narón se fixou en 700 euros e as de fóra e a convidada (no caso de habela) de 350 euros. As de Narón deberán comprometerse a realizar unha actuación na súa parroquia ou noutra do concello e sempre que sexa posible incluíndo un percorrido.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Agosto 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal