Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO E A ASOCIACIÓN MEMORIA HISTÓRICA DEMOCRÁTICA ORGANIZAN VARIOS ACTOS CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL DE CONMEMORACIÓN EN MEMORIA DAS VÍTIMAS DO HOLOCAUSTO
O CONCELLO E A ASOCIACIÓN MEMORIA HISTÓRICA DEMOCRÁTICA ORGANIZAN VARIOS ACTOS CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL DE CONMEMORACIÓN EN MEMORIA DAS VÍTIMAS DO HOLOCAUSTO
Alumnado do CPR Jorge Juan e do IES Terra de Trasancos participará o venres xunto con representantes da corporación local e da Asociación Memoria Histórica Democrática no acto de acendido de seis velas en recordo dos milleiros de persoas asasinadas na época
Narón, 23 de xaneiro de 2018. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, presidirá este venres, día 26, o acto programado desde o Concello con motivo do Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto. Na convocatoria deste ano participarán, ademais de representantes da corporación local e da Asociación Memoria Histórica Democrática –que organiza o acto co Concello-, 28 alumnas e alumnos de terceiro e cuarto curso de ESO e mestres do CPR Jorge Juan e outros 38 de cuarto de ESO e profesorado do IES Terra de Trasancos. Precisamente para facilitar a asistencia do alumnado se celebrará o acto o venres, dado que o Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto é o 27 de xaneiro. As actividades programadas con motivo desta data iniciaranse este martes cunha charla sobre o Holocausto para alumnado do IES das Telleiras.
O salón de plenos do Concello acollerá o venres, a partir das 12.00 horas, o tradicional acendido de velas –un total de seis- en homenaxe aos represaliados nos campos nazis e en lembranza dos milleiros de persoas asasinadas na época. Seis estudantes do CPR Jorge Juan e do IES Terra de Trasancos encargaranse de acender outras tantas velas, para recordar aos seis millóns de xudeus asesinados; un millón de nenos e nenas; cinco millóns de persoas de etnias consideradas inferiores (xitanos, homosexuais, presos políticos…); de 9.000 republicanos españois e tamén daquelas persoas que se salvaron e as que axudaron a salvar a outras durante o Holocausto.
A programación deseñada para conmemorar esta data inclúe ademais dúas charlas que terán lugar no IES Terra de Trasancos –hoxe ás 16.20 horas- e no CPR Jorge Juan –mañá a partir das 11.30 horas-. O presidente da Asociación Memoria Histórica Democrática, Enrique Barrera, será o encargado de falar ao alumnado sobre o Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto.
Así mesmo, a sala de exposicións da Biblioteca municipal acollerá a mostra Galegos en Mauthausen, formada por preto de medio cento de imaxes nas que se constata a barbarie dos campos de concentración nazis a través das fotografías realizadas por persoas que arriscaron as súas vidas para axudar a outras. A mostra poderá verse entre o luns 29 de xaneiro e o sábado 10 de febreiro no horario de apertura da sala (de luns a venres entre as 17.00 e as 20.00 e os sábados de 10.00 a 13.00). O alumnado que participará este venres nos actos organizados polo Concello poderá ver a exposición o mesmo día 26, estando programada para as 11.15 a visita do procedente do CPR Jorge Juan e ás 12.30 o do IES Terra de Trasancos. Na xornada do 29 de xaneiro, coincidindo coa apertura ao público da exposición, programouse unha visita guiada co presidente da Asociación Memoria Histórica Democrática, Enrique Barrera, aberta á cidadanía, e que dará comezo ás 19.00 horas.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal