Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
FIRMADO UN CONVENIO CON INSTITUCIÓNS PENITENCIARIAS PARA A REALIZACIÓN DE PENAS DE TRABALLO EN FAVOR DA COMUNIDADE
Narón, 21 de Xullo de 2008.- O Concello de Narón ven de anunciar a firma dun convenio de colaboración coa dirección xeral de Institucións Penitenciarias, para o cumplimento de penas de traballo en beneficio da comunidade, segundo informou hoxe en rolda de prensa o Concelleiro de Servizos Sociais Xerais, Miguel Hermida.

O acordo será remitido agora á Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), quen á súa vez o enviará á directora xeral de Institucións Penitenciarias, Mercedes Gallizo Llamas, para que o firme e remita de volta ó Concello. Unha vez feito este trámite, o goberno local iniciará o proceso de selección de cinco persoas –veciñas de Narón, e sen antecedentes penais- que foran condeadas con penas leves, para ofrecerlles a súa sustitución por traballos en beneficio da comunidade.

O citado convenio contempla cinco postos de traballo vinculados ós servizos municipais. Dous deles corresponden a servizos sociais (os penados realizarán tarefas de acompañamento de persoas discapacitadas cando leven a cabo xestións ante administracións, e visitas ó médico) e outros tres para tarefas de mantemento e conservación de edificios públicos (aquí se inclúe tamén a limpeza de graffitis, e a recuperación de instalacións municipais).

Estos cinco postos de traballo están regulados na Constitución Española, tal e como lembrou hoxe o Concelleiro de Servizos Sociais Xerais. Miguel Hermida sinalou que os beneficiarios deste convenio –que ten unha duración de un ano- deberán ser persoas residentes en Narón, maiores de 18 anos de idade, e sen antecedentes penais. As condenas impostas tampouco deberán ser máis que penas leves, e serán os propios penados os que decidan, en último termo, se aceptan realizar estos traballos ou prefiren ingresar en prisión.

A primeira Tenente de Alcalde, Angeles Díaz, engadiu a este respecto que “a finalidade do convenio é que as persoas traten de integrarse no seu municipio, en lugar de ir á cárcel. É moito máis positivo que teñan a opción de recapacitar e poder reinsertarse socialmente”, dixo.

O programa de reinserción social dos penados estará supervisado polo Xuiz de Vixiancia Penitenciaria correspondente e os xefes de servizo do Concello, quen corre cos gastos derivados de accidentes de traballo e enfermedades profesionais. A xornada de traballo será dun mínimo de 4 e un máximo de 8 horas diarias.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal