Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A EXPOSICIÓN "GALEGOS EN MAUTHAUSEN PERMANECERÁ NA BIBLIOTECA MUNICIPAL ATA O 10 DE FEBREIRO
A EXPOSICIÓN
O Concello e a Asociación Memoria Histórica Democrática incluíron a mostra no programa do Día Internacional de Conmemoración das Vítimas do Holocausto
Narón, 29 de xaneiro de 2018. A exposición Galegos en Mauthausen poderá verse ata o vindeiro 10 de febreiro nas instalacións da Biblioteca municipal. A sala de exposicións acolle esta mostra, formada por preto de medio cento de imaxes e paneis nos que se relata a situación dos case douscentos galegos internados no campo de concentración nazi de Mauthausen, en Austria. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, entre outros integrantes da corporación local, acompañaron aos representantes da Asociación Memoria Histórica Democrática na visita guiada programada para o luns 29 a partir das 19.00 horas, e na que o historiador Enrique Barrera, integrante da citada asociación, falou aos asistentes sobre a época do Holocausto. O acto enmarcouse no programa impulsado polo Concello e a Asociación Memoria Histórica Democrática con motivo do Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto, e que incluíu outros eventos na cidade a pasada semana, tanto no propio Consistorio como na Biblioteca e en centros educativos.
A mostra Galegos en Mauthausen poderá verse no horario de apertura da sala de exposicións da Biblioteca, de luns a venres entre as 17.00 e as 20.00 e os sábados de 10.00 a 13.00, tal e como recordou a concelleira responsable destas áreas.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal