Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN EN QUINCE CURSOS DO PROGRAMA MUNICIPAL DE FORMACIÓN
As sesións de Ofimática, en varios niveis, e Marketing en liña, impartiranse nas instalacións da Aula Cemit de Xuvia durante o primeiro semestre do ano
Narón, 5 de febreiro de 2018. A concelleira de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, anunciou a apertura, hoxe, do prazo de inscrición nun total de quince cursos –dous deles con dúas edicións- do Programa municipal de Formación convocados na Aula Cemit de Xuvia. Estas accións formativas diríxense a persoas empadroadas en Narón maiores de 16 anos, que deberán presentar as solicitudes ata o 15 de febreiro no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 8.30 a 13.30. O formulario de solicitude pode solicitarse a través do propio Rexistro municipal ou na Sede Electrónica do Concello de Narón, tal e como apuntou a edil naronesa, que recordou que se ofrece a posibilidade de anotarse nun máximo de cinco cursos. Entre os de Ofimática Básica están os do nivel de iniciación de: Internet e correo -30 horas-, Tratamento de textos -50-, Follas de Cálculo -50-, Bases de datos -40- e Presentacións gráficas -30-. Para cada unha destas modalidades hai doce vacantes, que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición. As clases impartiranse entre os meses de febreiro e maio, en función do curso elixido, e en horario de mañá. Na modalidade de Ofimática pero en nivel avanzado, ofrécense cursos de: Internet e almacenado na nube -30 horas-; Tratamento de textos -50-; Follas de cálculo -50-; Bases de datos -40- e Presentacións -30-, tamén con doce prazas para cada un deles. Neste caso, as clases tamén se impartirán entre os meses de febreiro e maio, dependendo do curso, e en horario de tarde. Outra das opcións que se oferta desde a Aula Cemit de Xuvia é a de dous cursos, con dúas edicións cada un deles, da área de Márketing en liña, que son os de: Comunicación Social Media -40 horas cada edición- e Google Adwords -28 horas cada un-, cun máximo de doce alumnos. As clases, en función do curso elixido, serán entre os meses de febreiro e xuño, en horario nocturno. Por último, haberá tamén accións formativas sobre Utilidades prácticas e Novas Tecnoloxías: de Trámites e compras en liña -20 horas-; Edición de imaxes con GIMP -36 horas- e Busca de emprego en internet -60-, para un máximo de doce persoas cada un deles. Para máis información pódese contactar co Servizo Sociocomunitario, a través do número de teléfono 981 337 700 (ext. 1123) ou consultar o enlace: http://www.naron.es/web/docs/formacion/Anuncio-para-primeiros-cursos-Cemit-003.pdf. “Nesta programación proxectada entre os meses de febreiro a xuño impartiranse un total de 652 horas de formación, dun total previsto de 2.100 horas ao longo de todo o ano entre a Aula Cemit e as aulas satélite da zona rural”, apuntou Hermida. A concelleira asegurou que se trata “dunha cifra que consideramos moi importante en canto a que se complementa con outras propostas formativas impulsadas desde o Concello e dirixidas ás veciñas e veciños de Narón, neste caso orientadas ao ámbito da inclusión tecnolóxica”, destacou Natalia Hermida. A edil naronesa animou á cidadanía á que se dirixen estes cursos a anotarse “porque hai dispoñibles un total de 204 prazas e unha gran variedade de propostas en canto á temática dos mesmos e tamén de horarios, para tratar de adaptarse ás necesidades e preferencias dos potenciais alumnos e alumnas”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal