Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALUMNADO DO COLEXIO SANTIAGO APÓSTOL PARTICIPOU NA PRIMEIRA VISITA GUIADA DESTE ANO AO CONCELLO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, recibiu aos estudantes no salón de plenos, donde respostou a tódalas preguntas que lle formularon
Narón, 6 de febreiro de 2018. Unha vintena de alumnas e alumnos de F.P. do colexio Santiago Apóstol de Narón participou esta mañá na primeira das visitas guiadas deste ano ao Concello organizadas desde o Servizo Sociocomunitario Municipal. A alcaldesa, Marián Ferreiro, recibiu ás rapazas e rapaces no salón de plenos, donde contestou a tódalas preguntas que, un por un, lle foron formulando. Como asume o cargo, se se vai presentar ás próximas eleccións como candidata, que grupos políticos forman a corporación local e o funcionamento da administración foron algunhas das cuestións polas que se interesaron os estudantes naroneses. Antes de reunirse no salón de plenos coa rexedora local os rapaces e rapazas visitaron algunhas dependencias municipais, como a zona do Rexistro municipal, as oficinas da Policía local e o arquivo, entre outras, donde tiveron a oportunidade de coñecer tamén o seu funcionamento. Este programa de visitas guiadas ao Concello continuará desenvolvéndose mañá, cando está prevista a visita de vinte e cinco alumnas e alumnos de educación Infantil do colexio Virxe do Mar, sobre as 10.00 horas. Os días 20 e 27 de febreiro será o turno de escolares de Infantil dos colexios Jorge Juan e Ponte de Xuvia.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es