Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A ALCALDESA E A EDIL DE PROMOCIÓN SOCIAL ENTREGARON OS DIPLOMAS DOS OBRADOIROS DE COCIÑA SAUDABLE
A ALCALDESA E A EDIL DE PROMOCIÓN SOCIAL ENTREGARON OS DIPLOMAS DOS OBRADOIROS DE COCIÑA SAUDABLE
Un total de sesenta e dúas persoas remataron con éxito estes cursos, impartidos en varias entidades da zona urbana e rural do municipio
Narón, 6 de febreiro de 2018. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a concelleira de Promoción Social, Teresa Sabio, entregaron esta mañá no Concello os diplomas correspondentes aos obradoiros de Cociña Saudable impulsados desde a administración local. Un total de sesenta e dúas persoas remataron con éxito estes cursos, cinco en conxunto, que se impartiron nas instalacións do Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, no Centro da Terceira Idade de Piñeiros, na Fundación Terra de Trasancos, no Val, e no Centro de Maiores da Solaina. A rexedora local e a concelleira naronesa felicitaron aos homes e mulleres que realizaron estes obradoiros, animándoos a poñer en práctica todo o aprendido e a participar en vindeiras convocatorias. Así mesmo, as representantes do goberno local agradeceron a colaboración prestada polas asociacións de maiores dos diferentes barrios da cidade para o desenvolvemento destas sesións.
Os obradoiros, tal e como recordou Sabio, impartíronse entre os meses de outubro e decembro do ano pasado e nos mesmos os participantes tiveron a oportunidade de ampliar os seus coñecementos sobre nutrición. Os nutrientes dos alimentos, o seu etiquetado e almacenamento, hábitos de vida saudables e elaboración de menús saudables foron algúns dos temas, apuntou a edil, que se abordaron nestes obradoiros, dun total de dezaoito horas de duración cada un deles.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
6
7
8
9
11
12
13
14
15
17
18
19
20
23
25
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal