Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PERSOAL DO CONCELLO ASISTIU A UNHAS CHARLAS INFORMATIVAS SOBRE O PLAN DE ACTUACIÓN ANTE EMERXENCIAS E PRIMEIROS AUXILIOS
Integrantes do Servizo de Prevención, Entinción de Incendios e Salvamento de Narón (Speis) encargouse de impartir as diferentes charlas
Narón, 8 de febreiro de 2018. O persoal que traballa no Concello asistiu nas xornadas de onte e hoxe pola mañá, en dúas quendas, a unhas charlas informativas e formativas sobre o Plan de Actuación ante Emerxencias e Primeiros Auxilios. Entre as 8.30 e as 13.45 acudiron ás sesións, impartidas por persoal do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Narón (Speis). Desde as 8.30 ata as 10.30 horas ofreceuse aos asistentes información sobre o Plan de Actuación de Emerxencias Municipal, se ben tras un descanso, de 11.00 a 13.45 levouse a cabo a parte correspondente a Primeiros Auxilios. A iniciativa permitiu formar ao persoal de cara á celebración dun simulacro de evacuación da Casa Consistorial que se levará a cabo sen previo aviso. Con este obxectivo ofreceuse formación sobre como evacuar un edificio (a Casa do Concello neste caso) ante posibles emerxencias como incendios ou ameazas de bomba, estableceuse unha relación de traballadores encargados da coordinación, desaloxo e reconto final do persoal das plantas, outro equipo para o manexo dun evacu-track (sistema de evacuación de emerxencias), etc. Xa na segunda parte impartíronse unhas charlas de Primeiros Auxilios para saber actuar ante unha emerxencia (detectar unha parada cardiorespiratoria, realizar unha Reanimación Cardio Pulmonar (RCP) a persoas maiores, menores e bebés, como actuar ante un atragantamento…). Así mesmo, as persoas interesadas en realizar un curso sobre o manexo dun desfibrilador tamén terán a oportunidade de facelo, tal e como se informou durante as sesións, sendo o equipo do Speis de Narón o encargado de impartilo. O persoal que se encargou de dar as charlas solicitou a colaboración dos traballadores do Concello ante a próxima celebración do simulacro, para así detectar posibles fallos, no caso de que se produzan, e garantir as máximas medidas de seguridade ante unha emerxencia.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal