Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A "XIV MOSTRA DA CAMELIA CIDADE DE NARÓN" CELEBRARASE ESTA FIN DE SEMANA NA CIDADE
A mostra, organizada polo Concello e a Asociación Galega da Camelia, entre outras entidades, poderá verse mañá e o domingo no Centro Comercial Dolce Vita Odeón
Narón, 9 de febreiro de 2018. A “XIV Mostra da Camelia Cidade de Narón celebrarase esta fin de semana nas instalacións do Centro Comercial Dolce Vita Odeón, na Gándara. Medio cento de persoas participarán nesta convocatoria, na que tanto mañá como o domingo se poderán ver diversos exemplares de flor de camelia, premiándose aos mellor valorados polo xurado no “X Concurso de Flor de Camelia Cidade de Narón”. Representantes da corporación local e da Asociación Galega da Camelia encargaranse de entregar os premios aos propietarios dos exemplares gañadores, no transcurso dun acto que terá lugar mañá a partir das 17.30 horas. O Concello de Narón colabora un ano máis coa Asociación Galega da Camelia e a Sociedade Española da Camelia, entre outras entidades, na organización deste evento. Mañá ás 9.00 horas comezará a montarse a mostra e a partir das 13.00 comezarán a calificarse os lotes que concursan ao certame, que deberán estar debidamente colocados no espazo reservado para este fin. Ás 14.30 haberá un descanso para o xantar e ás 17.30 terá lugar a inauguración oficial da Mostra e o acto de entrega de premios. Valoraranse as Mellores camelias japónica e reticulata, a mellor especie de camelia, o mellor híbrido de camelia, a mellor flor miniatura, o mellor cultivador-expositor e a mellor composición artística colectiva. Os participantes proceden de diferentes concellos da comarca, pero tamén doutros municipios galegos e doutras comunidades e, tal e como avanzou a organización, asistirá como convidada unha familia italiana coleccionista de camelias. As flores poderán verse ata o sábado ás 22.00 horas e tamén o domingo, entre as 10.00 e as 18.00 horas. A media mañá do domingo está tamén programada unha visita guiada ao Xardín de camelias de Xosé María Rivera Arnoso, nunha finca da súa propiedade na parroquia de Maniños, no concello de Fene. As persoas que desexen acudir deberán poñerse en contacto co persoal da Asociación Galega da Camelia (ao longo da xornada de mañá ou o propio domingo antes da visita) para anotarse, xa que o colectivo se reunirá previamente nun punto de encontro no polígono de Vilar do Colo, para desprazarse desde alí ata o citado Xardín de camelias, con centos de variedades de esta especie. Desde o Concello de Narón animan á veciñanza do municipio e doutras localidades a visitar esta décimo cuarta edición da “Mostra da Camelia Cidade de Narón”, para comprobar a calidade e as múltiples variedades de flores desta especie que permanecerán expostas mañá e o domingo no Centro Comercial Dolce Vita Odeón.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal