Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ESCOLARES DE EDUCACIÓN INFANTIL DO COLEXIO JORGE JUAN VISITARON O CONCELLO
ESCOLARES DE EDUCACIÓN INFANTIL DO COLEXIO JORGE JUAN VISITARON O CONCELLO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, reuniuse coas nenas e nenos no salón de plenos despois de que visitasen algunhas dependencias municipais
Narón, 20 de febreiro de 2018. Unha vintena de nenas e nenos que cursan educación Infantil no colexio Jorge Juan visitaron esta mañá varias dependencias municipais. A alcaldesa, Marián Ferreiro, recibiu aos menores no salón de plenos, donde contestou ás preguntas que lle formularon, maioritariamente relacionadas co seu traballo no Concello, aínda que tamén se interesaron por temas persoais, como a data do seu cumpreanos. Os escolares convidaron á rexedora local a visitalos na súa aula, unha invitación que Ferreiro agradeceu e se comprometeu a realizar.
Os nenos e nenas visitaron as oficinas da Policía Local, a Biblioteca e outras dependencias municipais, se ben no salón de plenos puideron ver o vídeo de “Nara de Narón” -http://naradenaron.es/- unha abella que coñece á perfección a cidade e que lles explica cuestións relacionadas co concello. Así mesmo, antes de abandoar a Casa Consistorial os escolares recibiron de mans da alcaldesa un exemplar do libro “Os Bolechas visitan Narón”.
A rolda de visitas de escolares ao Consistorio continuará o día 27 deste mes, cando está previsto que acudan unha vintena de menores de educación Infantil do colexio Ponte de Xuvia. Estas visitas educativas prográmanse cada ano a través do Servizo Sociocomunitario Municipal.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Marzo 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
19
22
23
24
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal