Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PRAZO DE MATRÍCULA PARA NENAS E NENOS DE NOVA INCORPORACIÓN NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS ABRIRASE O 1 DE MARZO
As nais e pais dos menores poden recoller as instancias nas escolas infantís da Solaina, A Gándara e Piñeiros ou ben no Concello, se ben deben entregalas unicamente no Rexistro municipal, tal e como explicou a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo
Narón, 21 de febreiro de 2018. As nenas e nenos que a partir do vindeiro curso 2018-2019 desexen asistir a algunha das tres escolas infantís municipais –A Solaina, A Gándara e Piñeiros- deberán matricularse entre os días 1 e 20 de marzo. Así o anunciou a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, que avanzou que nos tres centros se ofertarán un total de 117 prazas. “Ao igual que en anos anteriores, os pais e nais deberán dirixirse ao Rexistro do Concello ou ás escolas infantís municipais, donde lles facilitarán os impresos e lles ofrecerán a información que estimen oportuna sobre os centros, se ben deben entregar sempre os impresos no Rexistro do Concello”, explicou Taibo. No que respecta ao horario de mañá, para os menores de entre 0 e 1 anos, hai un total de 46 vacantes: 16 na Solaina, 14 na Gándara e 16 en Piñeiros; para os de 1 a 2 anos existen un total de 29 prazas: 10 na Solaina, 9 na Gándara e 10 en Piñeiros e, por último, para o grupo de 2 a 3 anos hai 42: 14 en cada un dos centros, tal e como indicou a concelleira de Ensino. En canto ao grupo de tarde, apuntou Taibo, “hai unha media de dez prazas por escola, agás no caso de Piñeiros, que no caso de que amplíe o horario actual, que pecha ás 17.00 horas debido á falta de demanda de prazas de tarde, tería capacidade de ofertar quince prazas”. A concelleira de Ensino avanzou tamén que o vindeiro 27 de febrero terá lugar unha xuntanza no Auditorio municipal aberta á asistencia dos pais e nais de menores de tres anos que se escolarizarán por primeira ocasión nun dos centros de ensino da cidade. Directores e directoras dos colexios públicos de Narón –A Solaina, A Gándara, Virxe do Mar, Ponte de Xuvia, Piñeiros e O Feal- acudirán a esta cita, que dará comezo ás 17.30 horas, para informar ás familias sobre os servizos que se prestan en cada un destes colexios (comedor, transporte, zonas de influencia…). “Os pais e nais poderán realizar todas as consultas que estimen oportunas aos representantes da dirección dos centros públicos de Narón de cara á escolarización de todas as nenas e nenos nacidos no ano 2015 para o curso 2018-2019”, explicou Taibo. A edil naronesa animou ás familias da cidade que teñan fillos que inicien a finais deste ano a súa etapa nun centro de ensino da localidade a asistir a esta reunión “co obxectivo de que coñezan de primeira man tanto o funcionamento como os servizos dispoñibles en cada un dos colexios públicos da cidade”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal