Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INICIARÁ OS TRÁMITES PARA A CONSTRUCIÓN DUN PARQUE EÓLICO DE ENTRE TRES E SEIS MEGAVATIOS DE POTENCIA
O edil de Promoción Económica, Pablo Villamar, indicou que o investimento previsto polas arcas municipais se podería recuperar nun prazo de cinco ou seis anos
Narón, 23 de febreiro de 2018. O edil de Promoción Económica, Pablo Villamar, anunciou que o Concello iniciará os trámites oportunos para a construción dun parque eólico municipal de entre tres e seis megavatios. Nunha reunión mantida en Santiago de Compostela con representantes da administración autonómica para a presentación da iniciativa “Concellos Doing Business” –á que se adheriu Narón no pleno para ofrecer vantaxas fiscais ás empresas que cumpran uns requisitos- o persoal da Xunta informou aos asistentes sobre as novas perspectivas que se abrirán no sector eólico. A previsión do Concello, tal e como avanzou Villamar, é instalalo na zona do Monte dos Nenos, na parroquia de Sedes, aínda que o lugar exacto do parque virá determinado polo pertinente estudo a realizar, polo que, tal e como asegurou, “non desbotamos outras posibilidades no caso de que se consideren máis axeitadas”. O custe da construción do parque, según os datos que manexa o Concello, é duns 800.000 euros por megavatio e a renda anual superaría os 500.000 euros ao ano ao tratarse dunha produción de 7.500.000 kilovatios por hora nun parque de tres megavatios, explicou o concelleiro naronés. “Isto indícanos que nun periodo de cinco ou seis anos poderiamos recuperar perfectamente o investimento realizado, e sen ter en conta posibles axudas que puideran habilitarse para este tipo de actuacións, aínda que polo momento a eólica non ten primas”, indicou Villamar. Atendendo a esta situación, asegurou o edil, “cunha vida útil das instalacións de entre vinte e vinte e cinco anos, sería unha aposta sobradamente rendible para o Concello”. A iniciativa tería que ir a un sistema de poxa, promovida desde a administración autonómica, según recordou Villamar. No caso de que finalmente o Concello de Narón puidese construílo, “sería factible e razoable, tendo en conta que nos atopamos nunha zona de Galicia donde o número de horas de funcionamento deste tipo de instalacións é bastante importante, algo máis de 2.500 horas ao ano”. Villamar subliñou a importante aposta que se está realizando nos últimos anos desde o Concello en materia de aforro enerxético. “É un tema que nos preocupa e no que queremos continuar traballando”, afirmou, indicando que “desde o ano 2015 ata hoxe coas obras xa realizadas e algunhas que están en proceso de contratación levamos case 1,3 millóns de euros de investimento en aforro enerxético e queremos continuar traballando por ese mesmo camiño”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal