Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO DESTINARÁ 73.500 EUROS Á CONSTRUCIÓN E MELLORA DE TRES PARQUES INFANTÍS E UN BIOSAUDABLE
O CONCELLO DESTINARÁ 73.500 EUROS Á CONSTRUCIÓN E MELLORA DE TRES PARQUES INFANTÍS E UN BIOSAUDABLE
As intervencións previstas terán lugar nas zonas da Gándara, Freixeiro e Piñeiros, tal e como avanzou o edil de Servizos, Ibán Santalla
Narón, 28 de febreiro de 2018. O Concello de Narón adxudicará definitivamente nos vindeiros días catro importantes actuacións da área de Servizos, dirixida polo edil Ibán Santalla. Nesta ocasión as tarefas previstas permitirán mellorar e construir parques infantís e biosaudables na zona urbana, cun orzamento previsto e global de 73.386 euros, tal e como destacou o concelleiro naronés. “Todas estas intervencións correspóndense co Plan de renovación e dotación de parques e espazos infantís nos barrios e parroquias de Narón, un plan co que continuamos avanzando para ofrecer ás veciñas e veciños da cidade unha completa oferta de servizos, acorde co crecemento poboacional experimentado nos últimos anos na cidade”, subliñou Santalla. As actuacións previstas cofinanciaranse entre o Concello e o POS + 2017 da Deputación da Coruña.
Na zona verde do parque fluvial de Freixeiro construirase un parque infantil, cuxo subministro de material e montaxe suporán un investimento de 18.332 euros. Neste caso o parque, indicou o edil naronés, contará cunha rede de rube de 2,90 e 2,60 metros, para menores de 3 a 14 anos e unha estrutura de xogo infantil tipo randeeira. O parque estará valado cunha estrutura de madeira e a adxudicación dos traballos está pendiente de pechar os últimos trámites oficiais coa documentación, polo que “será cuestión de días”, avanzou Santalla.
O barrio da Gándara é outra das zonas donde se levarán a cabo proximamente intervencións proxectadas desde a Concellaría de Servizos. No tanque de tormentas do Río Inxerto adxudicarase tamén nos vindeiros días a construción dun parque infantil e outro con elementos biosaudables. Neste caso as tarefas licitáronse en 22.387 euros, unha cantidade coa que se habilitará unha zona multixogo infantil, con capacidade para dez usuarios de entre 2 e 6 anos; un balancín para dous usuarios de 2 a 6 anos e unha randeeira para nenas e nenos ata 14 anos, según explicou o concelleiro naronés. No que respecta ao parque biosaudable Santalla indicou que constará de seis elementos, entre eles algúns para realizar exercicios de fortalecemento da musculatura, e para realizar exercicios coas pernas e cos brazos.
Nas inmediacións da igrexa de Piñeiros construirase outro parque infantil. Nos vindeiros días procederase á licitación da obra, por un orzamento de 50.999 euros, cantidade máxima prevista para a execución das tarefas previstas e a dotación dos elementos de xogo pertinentes. En concreto, tal e como explicou o concelleiro de Servizos, haberá unha zona multixogo, con dúas torres con cuberta, una rede trepadora, columpios e un tobogán; unha rede fixa para maiores de tres anos, con capacidade para once usuarios e un columpio mixto –con asento plano e con cueiro- para nenas e nenos de 0 a 14 anos. O recinto, localizado xunto ao parque biosaudable de Piñeiros, levará caucho no chan e estará rodeado por unha vala de madeira. A execución dos traballos implicará ademais a desmontaxe do parque biosaudable, de 115 metros cadrados, para lograr unha superficie que se incrementará neste caso ata os 265 metros cadrados, tal e como apuntou o edil de Servizos.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal