Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
SERVIZOS SOCIAIS AUMENTA NOTABLEMENTE AS AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR E LIBROS DE TEXTO
O prazo para solicitalas remata o 30 de setembro.
O Concello de Narón celebrou na mañá de hoxe a Comisión Informativa de Desenvolvemento da Actividade Social, na que o Concelleiro de Servizos Sociais do Partido Popular, Miguel Hermida Dopico, informou sobre as axudas para material didáctico, escolar e libros de texto para o curso 2008-2009, destinadas a familias con necesidades sociais básicas. Estas axudas buscan facer efectiva a igualdade de oportunidades de acceso á educación, particularmente nun tempo na que a crise económica agudiza os problemas que xa veñen padecendo determinadas familias. Por este motivo, as cantidades experimentaron un notable incremento neste curso, en cada un dos tres niveis educativos en que están divididas. Para Educación Infantil as axudas serán de 50€, para Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria de 70€, e de 140€ para Bacharelato e Ciclos Medios de Formación Profesional. Miguel Hermida sinalou ademais que, no caso de teren xa comprado o material ou os libros, as familias que así o desexen poderán optar ás axudas presentando os recibos da súa compra; e que nos niveis educativos nos que os libros sexan gratuítos, poderanse solicitar as axudas para material escolar. As solicitudes poderanse presentar ata o día 30 de setembro no Rexistro de Entrada do Concello de Narón, onde tamén se poden consultar as bases e a relación da documentación. Asimesmo, o Concelleiro de Servizos Sociais informou na Comisión sobre a convocatoria de axudas para o Bono-Bus de transporte universitario, que abriuse onte e subvencionarán o 50% do importe para o traslado diario ás instalacións da Universidade da Coruña en Ferrol e A Coruña. As solicitudes deben presentarse no Rexistro do Concello de Narón de 8:30 a 13:30 horas ata o día 1 de outubro. Noutro orden de cousas, a Comisión acordou os festivos propios do Concello para o ano 2009. Serán o 25 de febreiro, Mércores de Cinza, e o 23 de novembro, Día de Narón.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal