Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS CURSOS DE PREPARACIÓN DE COMPETENCIAS CLAVE NIVEL 2 E PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, recordou que estas accións do Programa Municipal de Formación se dirixen a persoas desempregadas empadroadas na cidade
Narón, 9 de marzo de 2018. A concelleira de Formación, Natalia Hermida, anunciou a apertura do prazo de inscrición en dúas novas accións do Programa de Formación Municipal. Preparación Competencias Clave Nivel 2 (Matemáticas, lingua castelá e galega) e Prevención de Riscos Laborais son as propostas ofertadas, que se dirixen a persoas desempregadas empadroadas en Narón e maiores de 18 anos, tal e como recordou a edil naronesa. As persoas interesadas dispoñen de prazo ata o 23 de marzo para anotarse, podendo facelo a través do Rexistro Xeral do Concello, de luns a venres en horario de 8.30 a 13.30. O formulario da solicitude está dispoñible a través do Rexistro Xeral do Concello e na Sede Electrónica do Concello de Narón. A acción formativa de Preparación Competencias Clave Nivel 2 (Matemáticas, lingua castelá e galega) terá dúas edicións, para un máximo de 15 alumnas/os cada unha delas. En total impartiranse 60 horas de formación por curso no Centro Municipal Irmás Froilaz, na Gándara, estando previsto que se desenvolvan do 23 de abril ao 11 de maio, entre as 9.15 e as 13.45 horas de luns a venres. A edil naronesa incidiu en que neste caso terán preferencia as persoas que previamente se inscriban nas probas de avaliación en Competencias Clave para acceder aos certificados de profesionalidade nivel 2 convocadas pola Xunta de Galicia, debendo presentar unha fotocopia da solicitude rexistrada no momento de anotarse na acción formativa que se impartirá en Narón. No caso da acción formativa sobre Prevención de Riscos Laborais, tamén se contemplan dúas edicións, neste caso para un máximo de vinte persoas cada unha e de sesenta horas, e tamén no Centro Municipal de Formación da Gándara. A primeira quenda terá lugar entre o 2 e o 17 de abril, de luns a venres entre as 9.00 e as 14.00 horas; e a segunda será do 24 de abril ao 10 de maio entre as 9.00 e as 14.00, tamén de luns a venres. “Nesta ocasión un total de setenta veciñas e veciños desempregados e empadroados en Narón terán a oportunidade de realizar algunha destas dúas accións formativas, enmarcadas ambas no ámbito interprofesional”, explicou Natalia Hermida, que animou ás persoas que cumpran os requisitos a anotarse nestes cursos. As persoas interesadas en recibir máis información ao respecto poden consultar a páxina web do Concello –a través do enlace: http://www.naron.es/web/docs/formacion/Anuncio-para-CC-e-PRL.pdf- ou dirixirse ao número de teléfono 981 337 700 (extensións: 2602, 1123, 1120 ou 1107).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal