Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
INAUGURADA NO PAZO A EXPOSICIÓN "O QUE O OLLO SENTE", DO ARTISTA MANUEL PATINHA
As dezaséis imaxes que compoñen esta mostra poderán verse ata o 26 de marzo no Pazo da Cultura
Narón, 12 de marzo de 2018. A alcaldesa de Narón e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, e a edil de Cultura, María del Carmen Espada, participaron no Pazo da Cultura, na inauguración da exposición “O que o ollo sente”. A mostra, impulsada a través do Padroado da Cultura de Narón e da Asociación Sociocultural ASCM, consta dun total de dezanove imaxes do artista luso Manuel Patinha e aborda a temática da muller e a discapacidade. Ao acto acudiron tamén representantes da ASCM, entre eles a súa presidenta, Paula Gárate, e o presidente de honra, Ángel Gárate, así como o autor das imaxes, Manuel Patinha. As fotografías poderán verse ata o vindeiro 26 de marzo no Pazo e con esta mostra o artista luso aposta por amosar a realidade de persoas con diversidade funcional e sensibilizar á poboación sobre a discapacidade, facendo reflexionar sobre esta temática ás persoas que vexan as imaxes. Nesa liña se incide desde a organización, que aposta precisamente por visibilizar a discapacidade e loitar contra os estereotipos co fin de acadar a plena inclusión das persoas con diversidade funcional.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal