Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
MÁIS DUN CENTENAR DE PERSOAS ASISTIRÁN Á CEA DA MULLER ORGANIZADA POLO CONCELLO CON MOTIVO DO 8-M
MÁIS DUN CENTENAR DE PERSOAS ASISTIRÁN Á CEA DA MULLER ORGANIZADA POLO CONCELLO CON MOTIVO DO 8-M
As tres Mulleres do Ano de Narón 2018: Carmen Fernández Merlán, Rosario Alabau Albors e Mercedes Piñeiro Cabalo, recibirán unha homenaxe pública na cidade
Narón, 15 de marzo de 2018. Un total de cento trinta e cinco mulleres asistirán o venres día 16 á tradicional Cea da Muller que se celebrará no restaurante A Grella dos Avós, na parroquia de Sedes. A convocatoria programouse para rendir unha homenaxe pública –posterior á institucional celebrada o pasado día 7 de marzo no Concello- ás tres Mulleres do Ano de Narón 2018: Carmen Fernández Merlán, Rosario Alabau Albors e Mercedes Piñeiro Cabalo, que formaron parte da primeira corporación democrática do Concello de Narón, no ano 1979. Ademáis da alcaldesa, Marián Ferreiro, e da edil de Igualdade, Teresa Sabio, asistirán a esta cea baile, que dará comezo ás 21.30 horas, outras representantes da corporación local, veciñas de Narón e comarca e familiares e amigas das homenaxeadas.
A alcaldesa da cidade e a edil de Igualdade dirixirán unhas palabras ás tres exconcelleiras ao inicio do acto, cedéndolles a continuación a palabra. Unha vez rematadas as intervencións comezará a cea e no momento do café as representantes do goberno local entregarán a tódalas asistentes á cita un agasallo a modo de recordo do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller.
A programación deseñada polo Concello con motivo desa efeméride iniciouse o pasado día 1 de marzo, coa apertura da Mostra de Hildegart na Biblioteca municipal. O día 2 tivo lugar no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros unha Mesa redonda, Coidando a coidadora, e o pasado 7 foi a homenaxe institucional no Concello ás Mulleres do Ano de Narón 2018. Así mesmo, desde o pasado día 9 e ata este sábado, día 17, desenvólvese no Pazo o Festival Singular en Feminino, con catro monólogos escritos e protagonizados por mulleres.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal