Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO E A COMISIÓN POPULAR DE MARZO DE 1918 ORGANIZAN NOVOS ACTOS PARA CONMEMORAR O CENTENARIO DA REVOLTA DAS PEDRADAS
O CONCELLO E A COMISIÓN POPULAR DE MARZO DE 1918 ORGANIZAN NOVOS ACTOS PARA CONMEMORAR O CENTENARIO DA REVOLTA DAS PEDRADAS
A parroquia de Sedes será de novo o escenario no que se desenvolverá o 18 de marzo, en horario de mañá e tarde, a programación coa que se homenaxeará ás mulleres loitadoras e vítimas deses feitos históricos
Narón, 15 de marzo de 2018. O local social de Sedes e o campo da feira da citada parroquia acollerán este domingo, día 18, un novo acto organizado polo Concello e a Comisión da Revolta Popular de Marzo de 1918 para conmemorar o Centenario da Revolta das Pedradas. A convocatoria dá continuidade á programación que, con motivo desta efeméride, se iniciaba o pasado día 13 cunha homenaxe ás mulleres loitadoras e ás vítimas desta Revolta, instalando unha escultura no recinto feiral do Trece, donde unha carga policial contra a veciñanza se saldou na época con cinco persoas falecidas e varios feridos. Desde a organización animan ás veciñas e veciños de Narón e comarca a asistir aos diferentes actos programados en lembranza destes feitos acontecidos no ano 1918. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a representante do Concello na Comisión da Revolta Popular de Marzo de 1918, Teresa Sabio, acudirán á convocatoria, xunto con outros edís da corporación local e representantes da citada Comisión, entre eles integrantes da AVV Rosa dos Ventos, de Sedes.
A programación do domingo comezará ás 11.00 horas no local social de Sedes, donde terá lugar unha charla coloquio na que abordarán esta parte da historia de Narón e comarca a profesora Ana Pérez, o exdeputado nacionalista Francisco Rodríguez, o historiador Joám Lopes e a presidenta da Comisión da Revolta Popular de Marzo de 1918, Lidia Romero. A continuación, sobre as 13.00 horas dará comezo un recital poético a cargo do colectivo poético Moraima e ao remate do mesmo terá lugar un xantar popular no restaurante A Trasanquesa, en Sedes.
Os actos continuarán pola tarde, a partir das 16.30 horas, cun Taller de memoria no local social de Sedes, e a partir das 17.30 o campo da feira da citada parroquia acollerá unha actuación musical a cargo do musicólogo e político nacionalista Mini Rivas. Será precisamente nesta última ubicación donde ás 18.00 horas se leve a cabo unha ofrenda floral no monumento en lembranza da Revolta.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal