Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A SEGUNDA EDICIÓN DE "O NARÓNiño" CELEBRARASE DO 30 DE MARZO AO 1 DE ABRIL
A SEGUNDA EDICIÓN DE
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira de Turismo, Natalia Hermida, presentaron este evento, dirixido ao público familiar e infantil e que terá lugar nas instalacións do pavillón Campo da Serra
Narón, 19 de marzo de 2018. O pavillón Campo da Serra, en Santa Icía, acollerá os días 30 e 31 de marzo e 1 de abril a segunda edición de O NARÓNiño, o lugar onde xogan as meniñas e os meniños. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e a concelleira de Turismo, Natalia Hermida, presentaron o evento, dirixido ao público familiar e infantil, e animaron á veciñanza da cidade e doutros concellos a desprazarse nesas datas a Santa Icía para gozar desta convocatoria. A rexedora local explicou que xa se repartiron máis de 4.000 folletos informativos nos centros educativos de Infantil e Primaria e tamén noutras instalacións municipais, como locais sociais.
Pola súa parte, Natalia Hermida explicou que nas citadas instalacións deportivas municipais habilitarase unha zona de xogos de 800 metros cadrados, que permanecerá aberta durante as tres xornadas de O NARÓNiño entre as 11.00 e as 14.00 e de 16.30 a 20.30 horas. A entrada é de balde e as nenas e nenos e as súas familias terán a oportunidade de desfrutar nas diferentes zonas de xogo cunha gran variedade de propostas pensadas para tódalas idades. Mundo Xogo Chef, Mundo Xogo Trucks&Blocks (de construción con pezas xigantes), Mundo Xogo peques (de 2 a 4 anos), e Superthings, así como os espazos das licencias de Carrera e Playmóbil, ofrecerán aos asistentes a posibilidade de participar en divertidas propostas lúdicas e, ao tempo, didácticas. Obradoiros de cociña, construcións con bloques xigantes, conducir tractores, carretillas ou camións de bombeiros, xogar cos Playmóbil ou con circuítos de Radio Control nas zonas de Carrera forman parte das propostas para os tres días de O NARÓNiño, para as que non é precisa inscrición previa.
No caso de Mundo Xogo Chef, polas mañás haberá dúas quendas, para vinte participantes cada unha delas, de 11.30 a 12.30 e de 12.30 a 13.30 e polas tardes haberá tres máis, cada hora, para corenta participantes cada unha, ás 17.00, 18.00 e 19.00 horas. Un equipo de monitores, apuntou Hermida, participará nas diferentes especialidades de xogo orientando aos asistentes.
“Esta proposta de lecer prográmase coincidindo coa Semana Santa, para achegar ás familias un espazo no que divertirse, de balde, e de gozar de numerosas propostas de lecer”, explicou a concelleira de Turismo.
Pola súa parte, a alcaldesa asegurou que a intención do goberno local é “consolidar este salón do xogo familiar e infantil entre os eventos máis importantes desta área tanto no Concello como na comarca”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal