Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E A DELEGACIÓN DE AGA EN FERROLTERRA ORGANIZAN UNHA XORNADA TÉCNICA DE CONTROL DA VESPA VELUTINA
A convocatoria, aberta á cidadanía en xeral, terá lugar o día 7 de abril na AVV de Sedes, tal e como avanzou o concelleiro de Medio Ambiente, Octavio Dopico
Narón, 3 de abril de 2018. O concelleiro de Medio Ambiente, Octavio Dopico, anunciou a próxima celebración, o vindeiro sábado día 7, dunha nova actividade enmarcada no convenio que o Concello mantén coa delegación en Ferrolterra da Asociación Galega de Apicultura (AGA). A iniciativa consiste nunha Xornada técnica de control da vespa velutina que terá lugar nas instalacións da AVV de Sedes e para a que non é precisa inscrición previa, ao tratarse dunha convocatoria aberta á participación da cidadanía en xeral. A xornada comezará ás 9.30 horas e na mesma persoal de AGA informará aos asistentes sobre a praga da vespa velutina, tanto sobre o perigo que representa como os mecanismos de control, tal e como explicou Dopico. “Iniciarase a convocatoria cunha charla xeral sobre esta especie para, a continuación, profundizar nunha serie de técnicas e métodos que aseguren a protección das colmeas”, apuntou o edil naronés. O concelleiro de Medio Ambiente avanzou que este mesmo mes se convocarán novas actividades en colaboración coa delegación de AGA en Ferrolterra e animou á veciñanza a participar nestas xornadas de control da vespa velutina.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal