Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MÁIS DE 250 MENORES SOLICITARON PRAZA PARA INICIAR O PERÍODO DE ESCOLARIZACIÓN NO CURSO 2018-2019 EN COLEXIOS DA CIDADE
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, recalcou que nos centros educativos da zona urbana as prazas están cubertas practicamente ao cen por cento
Narón, 3 de abril de 2018. Os dez centros de ensino públicos da cidade e os tres concertados rexistraron un total de 255 solicitudes de praza para iniciar o período de escolarización no curso 2018-2019. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, explicou que este ano se ofertaron un total de 350 vacantes e indicou que tan só se rexistrou máis demanda que oferta no caso dos colexios Ponte de Xuvia e O Feal, donde se superaron as solicitudes nun e dous casos, respectivamente. “Agora procederase a realizar a pertinente baremación, atendendo aos criterios específicos para este proceso, e a Comisión de Escolarización da Xunta será a que resolva a través da Inspección Educativa o caso deses tres menores de tres anos que quedarán sen praza no centro elixido inicialmente pero que poderán acceder ao centro elixido como segunda opción”, explicou Taibo. Os colexios públicos que máis prazas ofertan, un total de 50, son o CEIP da Gándara –donde o número de solicitudes para nenas e nenos de 3 anos foi de 44- e o CEIP da Solaina, que tamén dispón de 50 e donde se cubriron todas. No CEIP Virxe do Mar o número de prazas ascende a 25 e no período de solicitude demandáronse 23 e no CEIP Piñeiros, tamén con 25 vacantes, solicitáronse para o vindeiro curso un total de 14. No que respecta ao Colexio Rural Agrupado (CRA), en Domirón había 25 prazas e pedíronse 10; no Val tamén se contabilizaban 25 e solicitáronse 14; en Sedes, con 13 vacantes contabilizáronse 4 solicitudes e en Pedroso, con 18 prazas, non se demandou ningunha. No caso do CEIP Ponte de Xuvia hai un total de 25 vacantes para menores que inician o período de escolarización e demandáronse 26 e no do CPI do Feal pedíronse 27 para un total de 25 existentes. En canto aos centros concertados da cidade, no que máis prazas se ofertan é no CPR Santiago Apóstol, con 50, e donde se solicitaron 39, mentres que no CPR Ayala e no CPR Jorge Juan, ambos con 25, se demandaron 19 e 24 prazas respectivamente. “Nos centros escolares da zona urbana as prazas ofertadas están cubertas practicamente ao cen por cento, excepto naqueles nos que non se ofrecen servizos como o almorzo ou a comida, que cada vez demandan máis as nais e pais para poder conciliar a súa vida persoal e profesional”, destacou Taibo, subliñando a importancia de ofrecer esta opción ás familias.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal