Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO RECIBE UNHA SUBVENCIÓN DE 17.000 EUROS DA DEPUTACIÓN PARA A OFICINA DE TURISMO
O CONCELLO RECIBE UNHA SUBVENCIÓN DE 17.000 EUROS DA DEPUTACIÓN PARA A OFICINA DE TURISMO
A concelleira responsable da área, Natalia Hermida, avanzou que o servizo estará atendido por dúas persoas e manteranse operativo entre os meses de xuño e setembro
Narón 6 de abril de 2018. A Deputación da Coruña subvencionará con 17.159,76 a Oficina de Turismo de Narón. Así o anunciou a concelleira responsable desta área, Natalia Hermida, tras recibir a confirmación da administración provincial desta colaboración, que permitirá contratar a dúas persoas da bolsa de emprego municipal e manter operativo o servizo entre os meses de xuño e setembro nun horario máis amplo incluso que outros anos, explicou. A edil amosou a súa satisfacción por recibir esta subvención doutra administración, xa que con ela custearase a totalidade dos gastos do persoal titulado para a atención aos visitantes da Oficina de Turismo de Narón, o que permitirá un aforro importante ao Concello para destinar a outras actuacións.
As persoas que se contratarán desde o Concello para manter aberta a Oficina de Turismo de Narón, que se localiza nas inmediacións da rotonda de Freixeiro, desenvolverán durante a tempada estival unha importante labor de difusión do patrimonio e dos eventos tanto locais como comarcais. Así o recalcou a concelleira de Turismo, ao indicar que “todas as persoas que se acheguen ás instalacións terán a oportunidade de recibir información sobre os recursos turísticos de Narón e, en definitiva, do destino turístico Ferrolterra Rías Altas”
A edil responsable da área recordou que o Concello dispón ademáis dunha páxina web: http://turismo.naron.es/ e dun punto de información no Concello –na entrada principal- donde durante todo o ano se ofrece información turística da cidade, cultural, etc.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal