Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ABERTA A MATRÍCULA PARA AS ACTIVIDADES CULTURAIS DO PADROADO
ABERTA A MATRÍCULA PARA AS ACTIVIDADES CULTURAIS DO PADROADO
O prazo finaliza o 3 de outubro.
A Concelleira de Cultura e Vicepresidenta do Padroado, Manuela Pérez Sequeiros, e a coordinadora da Escola de Teatro, Flor Maceiras, presentaron onte en rolda de prensa, a ampla oferta de actividades culturais que vanse desenvolver a partires do 13 de outubro dende o Padroado de Cultura de Narón.

Os cursos ofertados dende o Padroado son os seguintes: Danza Tradicional (infantil e adultos), Gaita (infantil e adultos), Percusión Tradicional Galega (infantil e adultos), Canto e Pandeireta (infantil e adultos), Debuxo (infantil), Teatro (infantil e adultos), Zanfona (infantil e adultos) e Construción de Instrumentos de Percusión Tradicional Galega (adultos).

Todas as actividades teñen un prezo único de 45€ que abrangue todo o curso de oito meses de duración, dende o 13 de outubro ó 27 de xuño. Aquelas persoas interesadas en formalizar a súa matrícula, deberán dirixirse ás oficinas do Auditorio Municipal, en horario de 10:00 a 14:00 e de 18:00 a 20:00 horas.


- Escola de Teatro de Narón

Coas mesmas condicións de inscrición, a Escola de Teatro de Narón arranca tamén o seu programa deste ano, por primeira vez, cun díptico propio. Esta escola municipal leva funcionando mais de vintecinco anos, promovendo a formación actoral e a práctica do teatro, e consolidando a Narón como unha das cidades pioneiras no panorama teatral e formativo galego.

As súas actividades divídense en dous bloques diferenciados: os Obradoiros Municipais de Teatro e A Escola de Formación de Actrices e Actores.


Os obradoiros, impartidos nos locais que emprega o Padroado de Cultura, achegaranse tamén ós máis pequenos levando as actividades aos colexios. Están divididos en catro grupos de idade:


- Teatro infantil (de 3 a 6, de 6 a 10, e de 10 a 12 anos)
- Teatro xuvenil (de 12 a 17 anos)
- Teatro de persoas adultas (máis de 18 anos)
- Teatro de Persoas Maoires (máis de 55 anos)


Un compromiso de traballo mais forte é o que esixe a Escola de Formación de Actrices a Actores, que forma integralmente ós alumnos no oficio da Interpretación e do Teatro, encamiñándoos ó ámbito profesional. O recorrido formativo da Escola é de cinco anos, e suma más de dúas mil horas lectivas. Este ano contará coa presenza no día inaugural do actor Avelino González, gran especialista na comedia da arte, e cun texto propio para representar nos derradeiros días do curso do autor Rubén Ruibal, Premio nacional de Literatura Dramática. O plantel de profesores está composto por profesionais de ampla traxectoria no Teatro e outras Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais.

Tanto a Concelleira de Cultura, Manuela Pérez, como a coordinadora da Escola, Flor Maceiras, destacaron a urxente necesidade dunha lexislación propia para a formación ocupacional no eido das actividades artísticas teatrais. Flor Maceiras declarou que aínda que sí existe regulación para os graos superiores, non sucede así cos medios, “producíndose unha clara eiva no sistema educativo galego”. Unha eiva que dende o Concello de Narón inténtase solventar para conseguir non só recoñecemento académico oficial para a Escola de Teatro, senón a cobertura legal necesaria en todos os ámbitos. Manuel Pérez afirmou que os trámites coa Administración Autonómica ó respecto deste tema xa están iniciados, e que dende a Concellería de Cultura “se manteñen á expectativa dunha resposta”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal