Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
MARIÁN FERREIRO REUNIUSE CO ALCALDE DE VALDOVIÑO, ALBERTO GONZÁLEZ, PARA ESTUDAR POSIBLES COLABORACIÓNS ENTRE AMBOS MUNICIPIOS
MARIÁN FERREIRO REUNIUSE CO ALCALDE DE VALDOVIÑO, ALBERTO GONZÁLEZ, PARA ESTUDAR POSIBLES COLABORACIÓNS ENTRE AMBOS MUNICIPIOS
Os rexedores de Narón e Valdoviño abordaron diferentes actuacións pendentes en materia tanto de servizos como de infraestruturas e valoraron o resultado do encontro mantido no Consistorio naronés
Narón, 9 de abril de 2018. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, reuniuse esta mañá co seu homónimo de Valdoviño, Alberto González, co fin de analizar a viabilidade de que ambos concellos asinen un convenio de colaboración no que se recolla a posibilidade de que algunhas vivendas do termo municipal valdoviñés vertan a colectores localizados en Narón. Así o explicou a rexedora local da cidade, que valorou a boa disposición de González para tratar de chegar a un acordo “que sería vantaxoso tanto para ambos Concellos como para as nosas veciñas e veciños”, asegurou. Pola súa banda, Alberto González tamén valorou moi positivamente unha xuntanza “que permitirá sen dúbida impulsar servizos en beneficio da veciñanza de ambos concellos”. Para Valdoviño é unha prioridade o traballo conxunto, e nesta liña comprometeu todos os seus esforzos.
O encontro abre a porta, tal e como apuntou Ferreiro, “a outras posibles colaboracións futuras entre os dous consistorios á hora de proxectar novas actuacións relativas aos servizos tanto de saneamento como de abastecemento e tamén na área de infraestruturas”. No caso de fructificar ese acordo, pendente de aprobar, “poderiamos optimizar as obras que se realicen no límite dos dous Concellos, tanto a nivel técnico como económico. Isto repercutiría nun aforro no momento da execución das obras e tamén na súa xestión, e facilitaría un acceso a estes servizos a un maior número de veciñas e veciños, ao aproveitar as infraestruturas existentes e proxectadas en ambos concellos”.
No transcurso da xuntanza tamén se abordaron outros temas como a posible ampliación da estrada provincial que enlaza Meirás con Castro, donde hai previstas intervencións tanto do concello de Narón, en materia de saneamento e abastecemento, como da Deputación da Coruña, titular esta última do citado vial.
O terceiro asunto abordado hoxe foi o da superficie que ambos concellos comparten a súa titularidade na zona de As Boeiras, un área de preto dun millón e medio de metros cadrados e con usos pendentes de definir.
Á reunión celebrada no despacho da alcaldesa de Narón asistiron tamén o concelleiro de Urbanismo de Narón, Manuel Ramos, os edís de Obras e Servizos e de Planificación Territorial de Valdoviño, Benito Manuel Vega e Sergio Saavedra, respectivamente, así como persoal técnico de Narón.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal