Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA E O DIRECTOR DO CPR SANTIAGO APÓSTOL ASINARON UN CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA REALIZAR PRÁCTICAS NO SERVIZO DE DEPORTES DO CONCELLO
Marián Ferreiro e Julio Castro, alcaldesa da cidade e director do centro, respectivamente, valoraron o acordo, que se asinou por primeira vez con este centro educativo da localidade
Narón, 10 de abril de 2018. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o director do CPR Santiago Apóstol de Narón, Julio Castro, asinaron un convenio de colaboración para o desenvolvemento de formación en centros de traballo e que estará en vigor durante o presente curso. En base ao acordo unha alumna do CPR Santiago Apóstol do ciclo formativo básico sobre Servizos Administrativos, da área de Administración e Servizos, realizará prácticas nas instalacións do Servizo de Deportes do Concello de Narón, tal e como explicou a alcaldesa da cidade. O período no que se desenvolverán esas prácticas, que en conxunto suman un total de 320 horas, será do 23 deste mes ata o vindeiro 22 de xuño. Ao acto da sinatura, que tivo lugar no despacho de Alcaldía, asistiu tamén Carlos Pérez, profesor titor de FP básica. A persoa beneficiaria deste convenio rubricado entre o Concello e o CPR Santiago Apóstol realizará labores administrativas, entre elas apoio administrativo básico, manexo de información operativa de xestións rutinarias con axentes externos da organización, arquivo de datos en soporte convencional e informático ou atención básica á cidadanía, entre outras. O director do CPR Santiago Apóstol agradeceu a colaboración do Concello naronés. Pola súa banda, Marián Ferreiro, indicou que “esta é a primeira ocasión na que o Concello asina un convenio destas características co CPR Santiago Apóstol, se ben xa se rubricou con outros centros da cidade como o IES das Telleiras, en anos anteriores”. Este tipo de acordos, continuou a alcaldesa, representan “unha moi boa oportunidade para colaborar desde a administración local con este tipo de iniciativas que esperamos que se manteñan no tempo, obxectivo para o que desde o goberno local ofrecemos a máxima colaboración”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal