Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ASOCIACIÓN TEATRAL NARONESA O ATURUXO DE MELPÓMENE ESTREA "ALGO PASA CON PACO"
A representación desta obra teatral, na que colabora o Padroado da Cultura de Narón, terá lugar o 13 de abril no Auditorio municipal e a entrada é de balde
Narón, 12 de abril de 2018. O grupo Sangue de dragón, da asociación teatral naronesa O Aturuxo de Melpómene estreará mañá no Auditorio municipal, ás 20.30 horas, a obra Algo pasa con Paco, escrita por Alejandro Martín e dirixida por Cristina Mariño. A peza ten unha duración de preto de hora e media e está recomendada para persoas maiores de 12 anos. As entradas son de balde e poden recollerse, ata completar o aforo do Auditorio, na billeteira do Pazo. O Padroado da Cultura, a Deputación da Coruña e a Federación Galega de Teatro colaboran neste espectáculo. Paco Checo é o protagonista desta obra teatral. El é un cabaleiro errante, dos de antes, dos que saen na procura de dragóns e tesouros sen pensalo, porque cre que posúe un gran valor, aínda que xa coñeceu tempos mellores, tal e como indicaron desde O Aturuxo de Melpómene. As malvadas forzas raptan á princesa do pobo, e Paco e o seu escudeiro Xaime saen na súa procura. A maxia e os entortos sucederanse ao longo deste espectáculo teatral, no que o protagonista aprenderá que a vida non só é branca ou negra, senón que está chea de cores. Coincidindo coa estrea estarán presentes alumnas e alumnos dunha escola de maquillaxe que realizarán prácticas de caracterización coas actrices e actores que forman o elenco desta obra: Adelaida Abad, Carmen Caeiro, Chani Hernández, Alejandro Martín, Frankie Muíño e Benie Suárez.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal