Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ALCALDE E CONCELLEIROS CONXELARÁN OS SEUS SOLDOS
ALCALDE E CONCELLEIROS CONXELARÁN OS SEUS SOLDOS
A medida de austeridade adoptarase ante a crise económica.
O Concello de Narón celebrou o pasado xoves o pleno ordinario de fin de mes, no que se deu lectura á Declaración Institucional do Concello de Narón relativa á adopción de medidas de austeridade nas Entidades Locais, acordada na Comisión Informativa de Contratación, Persoal e Especial de Contas do pasado día 18. Para paliar no posible a crise económica actual, o Concello conxelará os soldos de Alcalde e concelleiros, con dedicación exclusiva e parcial no exercicio do 2009, así como as partidas orzamentarias destinadas a dietas de cargos electos por asistencia a Plenos, Xuntas de Goberno, Comisións Informativas e Consellos de Administración das empresas e sociedades municipais.

Ao tempo, conxeláranse os soldos correspondentes aos cargos de confianza política do goberno local (xefes de gabinete, asesores, etc.) así como o seu número; e a consignación das partidas orzamentarias correspondentes ao funcionamento dos grupos políticos municipais nas cifras do ano 2008. Aínda que tamén se contemplan recortes na consignación para gastos correntes de libre disposición, as medidas contemplan que os gastos vinculados aos Servizos Sociais non se recortarán en ningún caso.

Tralos recentes atentados de ETA, o Pleno deu lectura á Declaración Institucional sobre as vítimas do terrorismo, e acordou Facer “un monumento a tódalas vítimas do terrorismo nunha praza do Concello, como recoñecemento institucional do valor humano na súa máxima expresión e pola dignidade coa que teñen sufrido un mal inconmensurable en nome de todos”.

Por outra banda, a Corporación Municipal tamén aprobou hoxe as festas locais para o ano 2009, que serán o Mércores de Cinza, 25 de febreiro e o Día de Narón, 23 de novembro.




Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal