Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ESCOLARES DO FEAL VISITARON O CONCELLO E REUNÍRONSE COA ALCALDESA NO SALÓN DE PLENOS
Marián Ferreiro respostou ás preguntas que lle formularon as rapazas e rapaces de sexto de Primaria do colexio do Feal, maioritariamente relacionadas coa súa labor á fronte da administración local
Narón, 17 de abril de 2018. Un grupo de dezanove rapazas e rapaces de sexto curso de Primaria do colexio do Feal visitou varias dependencias do Concello. No salón de plenos recibiunos a alcaldesa, Marián Ferreiro, que tivo a oportunidade de saudar aos escolares e respostou ás preguntas que lle formularon, maioritariamente relacionadas coa súa labor á fronte da administración local. Trala xuntanza coa rexedora local os escolares percorreron as instalacións do Arquivo municipal e tamén as que ten a Policía Local no Consistorio naronés. A alcaldesa agradeceulles a visita e o seu interese pola administración local. Os rapaces e rapazas levaron como agasallo unha gorra e un bolígrafo do Concello de Narón. A convocatoria destas visitas escolares ao Consistorio está organizada polo Servizo Sociocomunitario de Narón e contempla novas visitas de alumnado de centros de ensino da cidade tanto este mes como en maio.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es