Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NUNHA ACTIVIDADE DE CONSTRUCIÓN DE PEÓNS DE MADEIRA NA LUDOTECA MUNICIPAL
A actividade, organizada polo Concello e a Asociación Virutas terá lugar o venres día 20 en dúas quendas, tal e como explicou a concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo
Narón, 18 de abril de 2018. O Concello e a Asociación Virutas organizan na Ludoteca municipal da Solaina unha actividade na que as nenas e nenos de entre 3 e 12 anos aprenderán algunhas técnicas do torneado artístico en madeira, concretamente como se fan peóns. A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, explicou que a xornada terá lugar o vindeiro venres, día 20, e indicou que para poder participar é precisa inscrición previa (as prazas son limitadas), chamando ao número de teléfono da Ludoteca, o 981 389 284. Taibo avanzou que a actividade se organizará en dúas quendas, unha para nenas e nenos de 3 a 6 anos, que terá lugar de 16.30 a 17.30 e outra para os de 7 a 12 anos, entre as 17.30 e as 18.30. “Os participantes nesta actividade teremos a oportunidade de valorar o traballo que realizan os artesáns da madeira e que axuda a que esta labor continúe vixente no tempo, recuperando pezas que en determinadas ocasións marcaron a varias xeracións, como neste caso os peóns cos que xogaban as nenas e nenos”, asegurou Taibo.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es