Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PORTAVOZ DE EU ASINOU CO TRIPARTITO UN ACORDO PARA APOIAR OS ORZAMENTOS MUNICIPAIS DE 2018
O PORTAVOZ DE EU ASINOU CO TRIPARTITO UN ACORDO PARA APOIAR OS ORZAMENTOS MUNICIPAIS DE 2018
A alcaldesa, Marián Ferreiro; o edil de Xestión Orzamentaria e portavoz do BNG, Pablo Villamar, e os portavoces de TEGA, Guillermo Sánchez Fojo e PSOE, Catalina García, rubricaron o acordo co voceiro de EU, André Abeledo

Narón, 18 de abril de 2018. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, reuniuse a última hora desta mañá co concelleiro de Xestión Orzamentaria e portavoz municipal do BNG, Pablo Villamar, e cos portavoces de TEGA, Guillermo Sánchez Fojo; PSOE, Catalina García, e EU, André Abeledo, para asinar o documento no que se contempla o respaldo do portavoz de EU aos orzamentos que se someterán mañá a aprobación no pleno que dará comezo ás 12.00 horas. André Abeledo explicou que “entendemos que unha parte das nosas propostas están recollidas neste orzamento e EU é un partido que está aquí para construír dende a oposición, non para andar a pedradas”.
O tripartito naronés e o representante de EU adoitaron coa sinatura do documento “o compromiso de seguir traballando conxuntamente dende o diálogo e a vontade de chegar a acordos polo ben da veciñanza e o avance da nosa cidade en tódolos eidos”. Abeledo recoñeceu e valorou o “esforzo do equipo de goberno por manter un diálogo constante en todos aqueles temas importantes para o noso concello”, e puxo como exemplo o respaldo do tripartito a moitas das mocións presentadas no pleno por EU.
Pola súa banda, o equipo de goberno naronés destacou “a oposición constructiva e o traballo serio que máis alá das diferencias ideolóxicas tenta sempre colaborar e participar na mellora de Narón”. O tripartito naronés e EU coincidiron en desenvolver o vindeiro ano propostas como avanzar na mellora de accesibilidade, incrementar o número de parques biosaudables, instalar novos puntos de luz na zona rural, realizar un estudo de necesidade de vivenda na cidade e continuar fomentando o cooperativismo, entre outras propostas abordadas na xuntanza mantida esta mañá.

Trala sinatura do acordo, os representantes do goberno local e o portavoz de EU coincidiron tamén no feito de que “estes orzamentos priorizan a atención ás necesidades da veciñanza de Narón, ofrecéndolle servizos de calidade e incrementándoos na medida do posible”. Así mesmo, desde o tripartito naronés valoraron o respaldo que ofreceu Abeledo ao documento contable, que se aprobará mañá nun pleno extraordinario.
O orzamento do Concello de Narón ascende este ano a 31, 8 millóns de euros, o que supón un incremento do 6,4% con respecto ao ano anterior. Así mesmo, no apartado de investimentos destaca unha partida de 2,8 millóns de euros, da que 2,1 se reservan para servizos públicos básicos. A contención do gasto, a minuciosa xestión realizada, a redución da débeda e a priorización de políticas culturais, deportivas, educativas, sociais e de emprego centrarán as liñas de traballo a seguir durante o presente exercicio, tal e como recalcou a alcaldesa, Marián Ferreiro.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
6
7
8
9
11
12
13
14
15
17
18
19
20
23
25
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal