Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
TEGA, PSOE, BNG E EU APROBARON INICIALMENTE NO PLENO O ORZAMENTO MUNICIPAL DE 2018
TEGA, PSOE, BNG E EU APROBARON INICIALMENTE NO PLENO O ORZAMENTO MUNICIPAL DE 2018
Os representantes do goberno local destacaron que o documento contable é o máis elevado da historia de Narón, ao ascender a 31,8 millóns de euros
Narón, 19 de abril de 2018. O tripartito naronés e EU aprobaron inicialmente no pleno extraordinario, que comezou ás 12.00 horas, os orzamentos do Concello deste ano, que ascenden a 31,8 millóns de euros. O portavoz de EU, André Abeledo, asinaba onte coa alcaldesa, Marián Ferreiro, e os voceiros de TEGA, Guillermo Sánchez Fojo; PSOE, Catalina García, e BNG, Pablo Villamar, o acordo no que se plasma o seu apoio ao documento contable deste ano. O orzamento permanecerá a exposición pública durante un prazo de quince días, para presentar alegacións, no caso de que se estime oportuno, e antes de sometelo novamente a aprobación plenaria definitiva.
Ao inicio do pleno rexeitouse unha enmenda á totalidade presentada esta mesma mañá –ás 10.39 horas- polo PP. O edil de Xestión Orzamentaria, Pablo Villamar explicou os motivos do rexeitamento dese documento. “O orzamento cumple estritamente coa lei, foi entregado en tempo e forma a tódolos grupos e consideramos que este orzamento é o que merecen as veciñas e os veciños de Narón, que por certo, o que non merecen son algúns grupos políticos que en vez de traballar e construír veñen a entorpecer”.
No momento de abordar o propio documento Villamar subliñou que se trata “do máis elevado da historia do Concello de Narón, cun incremento de case dous millóns de euros con respecto ao ano anterior”. Así mesmo, no tocante aos gastos, o edil naronés destacou os relativos ás áreas de Ensino, Bibliotecas, Deportes, Emprego, Mocidade e Atención a persoas dependentes e tamén o feito de que a débeda da administración local é cada vez menor. No transcurso do pleno o concelleiro de Xestión Orzamentaria criticou as “mentiras do PP co tema dos tributos altos, cando este Concello ten aprobadas unhas ordenanzas fiscais que manteñen conxeladas desde hai anos as taxas e impostos e no que se rexistra unha presión fiscal considerablemente inferior por exemplo no IBI á de localidades como A Coruña, Santiago, Arteixo, Ferrol ou Cambre, por citar algúns”. No apartado do IBI Villamar recordou que a revisión catastral realizada desde o Ministerio de Facenda incrementou a subida deste imposto, do que nos últimos anos o Concello baixa o coeficiente, que para 2018 será do 0,62%.
Nesa mesma liña se pronunciou a alcaldesa, Marián Ferreiro, que recriminou tamén as afirmacións do portavoz do PP. “Temos un orzamento que se sitúa, en canto ás cifras, en datos anteriores á crise, non se suben os impostos, e a pesares de que o PP o repita constantemente unha mentira por repetila non se convirte en verdade. Nós continuaremos desenvolvendo políticas activas nas diferentes áreas e ofrecendo ás nosas veciñas e veciños servizos de calidade e priorizando, en definitiva, a atención ás persoas”, asegurou a alcaldesa. Pola súa parte Villamar recalcou que “o que queren os cidadáns é pagar o xusto e dispoñer de bos servizos, non aforrar cartos para que despois outros os leven para Suiza, fronte a un PP que aplica recortes en Sanidade, sube o IBI, multiplica as débedas e recorta en gasto social”.
En canto aos investimentos recollidos neste orzamento, o edil citou no pleno os 550.000 euros reservados a incrementar a rede de saneamento; 300.000 para amaño de pistas no rural e tamén importantes partidas para eficiencia enerxética, mellora de accesibilidade… Subliñou tamén o gasto social, explicando que “para non ser competencia do Concello, senón da Xunta, hai que recordar que se reservan 3,2 millóns de euros para Asistencia social primaria, mentres a Xunta aporta 986.705 euros para Dependencia”.
Finalmente, antes de proceder á votación deste punto do pleno, Villamar e Ferreiro agradeceron o traballo realizado por tódalas persoas que participaron na elaboración do orzamento e valoraron o respaldo do portavoz de EU ao documento, destacando a súa “oposición construtiva”
Na sesión aprobouse por unanimidade a modificación da Relación de Postos de Traballo e a plantilla orzamentaria para 2018. Neste punto aprobouse a modificación dun posto de oficial fontaneiro e outro de conserxe; incorporáronse modificacións en postos aprobados no 2017-2018 de Director de proxectos europeos; Xefe de Servizo de Intervención e Facenda, Oficial electricista, Xerente de Deportes, Administrativo de Deportes e Xefe do Gabinete de Alcaldía.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Agosto 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal