Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO PON EN MARCHA O SERVIZO DE ATENCIÓN PSICOLÓXICA
O CONCELLO PON EN MARCHA O SERVIZO DE ATENCIÓN PSICOLÓXICA
Ofrecerá unha atención integral as vítimas de violencia de xénero
A Concelleira de Igualdade e Maiores, María del Carmen Espada, presentou en rolda de prensa o novo Servizo de Atención Psicolóxica, posto xa en marcha no Concello de Narón, e destinado a erradicar a violencia de xénero contra as mulleres e a ofrecerlles unha atención integral , tanto a elas como ós seus fillos e fillas. Este proxecto xira en torno a catro pilares básicos: prevención, detección, atención e inserción. Tratará de previr a violencia de xénero nos casos de vítimas potenciais, detectala se xa se produce, e atender ás mulleres maltratadas, procurando a súa independencia a través da inserción no mundo laboral. Para isto, o novo servizo ofrece, ademais da atención psicolóxica, información xeral sobre esta problemática e atención social, xurídica e laboral.

O Servizo de Atención Psicolóxica presta axuda, dende o pasado día 18, tódolos xoves de 9:30 a 12:30 horas, da man da psicóloga María del Carmen López Díaz, no despacho do Punto de Información a Mulleres (PIM), no entresollado da Casa do Concello. As mulleres interesadas poden solicitar este servizo gratuíto no propio Concello de Narón, ou no teléfono 981337700, extensión 231. Aínda que o xoves é o día de atención ó público, o servizo ofrece un seguimento moito más amplo dos casos ó largo de toda a semana, e polo de momento conta seguires en activo polo menos quince meses.

O proxecto está parcialmente subvencionado pola Vicepresidencia de Igualdade e de Benestar da Xunta de Galicia, que aporta 9.000€. A aportación municipal para completar o orzamento é de 3.750€. María del Carmen Espada declarou que este servizo é un paso máis no ambicioso pero necesario camiño que trazou o I Plan de Igualdade para Mulleres de Narón, e que agarda que “sexa de moita axuda para todas aquelas mulleres vítimas dunha lacra social que non parece remitir, senón ir a máis”. A Concelleira engadiu que “dende o Concello de Narón apostamos pola información, formación e, en moitos casos, prevención, como primeiros paliativos da violencia de xénero”.

Por outra banda, Mª del Carmen Espada referiuse tamén o Obradoiro sobre Tratamento da Violencia de Xénero, que ofertou ás súas prazas libres a corpos de seguridade doutros concellos. Ata o de agora dous axentes máis non pertencentes a Narón xa están apuntados.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal