Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O ADIF PECHARÁ TEMPORALMENTE POR OBRAS A PASARELA PEONIL DA PONTE DO TREN SOBRE A RÍA DE FERROL
O ADIF PECHARÁ TEMPORALMENTE POR OBRAS A PASARELA PEONIL DA PONTE DO TREN SOBRE A RÍA DE FERROL
Os traballos previstos na infraestrutura teñen un prazo de execución de nove meses, aínda que a pasarela podería reabrirse antes se se garante a seguridade dos peóns, tal e como lle comunicaron á alcaldesa, Marián Ferreiro
Narón, 19 de abril de 2018. O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF), dependente do Ministerio de Fomento, informou ao Concello de Narón do peche temporal da pasarela peonil localizada na ponte do tren sobre a ría de Ferrol, entre Narón e Neda. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, explicou que ADIF está realizando actualmente obras de emerxencia na citada ponte, debido a unha serie de danos na infraestrutura. A rexedora local indicou que, tras conversas mantidas con responsables do citado organismo, se avanzou que os traballos previstos teñen un prazo de execución de nove meses.
“O feito de que o paso peonil discurra paralelo á vía férrea, na mesma ponte, fai preciso pechalo mentres duren os traballos, aínda que a medida que avancen, desde o ADIF comunicáronnos que estudarán a posibilidade de abrir o tramo peonil antes do remate das mesmas, sempre e cando se garanta a seguridade das persoas que transiten pola zona”, apuntou Ferreiro.
O peche do tramo peonil estará sinalizado tanto na zona de Narón como na de Neda, en ambos extremos da pasarela. O investimento dos traballos a realizar na zona, que xa se iniciaron, é de 946.312,50 euros, tal e como explicaron desde o ADIF.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
6
7
8
9
11
12
13
14
15
17
18
19
20
23
25
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal